As piscinas municipais de verán abren as súas portas o vindeiro mércores 1 de xullo

O horario do baño será de luns a venres de 12:00 a 20:30 horas, mentras que os sábados e domingos abrirase ás 12:00 e pecharase ás 20:00 horas

Martes, 23 de xuño de 2015
Fonte: 
Concellería de Deportes

Dende a Concellería de Deportes informan que as piscinas municipais de verán abren as súas portas o próximo mércores 1 de xullo. O horario do baño será de luns a venres de 12:00 a 20:30 horas, mentras que os sábados e domingos abrirase ás 12:00 e pecharase ás 20:00 horas.

Prezos

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán están establecidos en 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros. Por outra banda os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,90 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.

Horarios

Piscina climatizada de Frigsa

Apertura 1 de Xullo. Pechada no mes de Agosto

Horario XULLO, de Luns a Venres

  • 08:00 a 14:00 (saída auga 13:30)
  • 16:00 a 22:00 (saída auga 21:30)

Horario SETEMBRO

  • Luns a Venres: 08:00 a 22:00 (saída auga 21:30)
  • Sábados: 10:00 a 14:00 (saída auga 13:30) e 17:00 a 20:00 (saída auga 19:30)
  • Domingos: 10:00 a 14:00 (saída auga 13:30)

Piscinas exteriores de Frigsa

Apertura 1 de Xullo.

Horario XULLO e AGOSTO

  • Luns a Venres: 12:00 a 20:30
  • Sábados e Domingos: 12:00 a 20:00

Piscina das Pedreiras

Pechada no mes de Xullo

Horario AGOSTO

  • Luns a Venres: 08:00 a 14:30 (saÍda auga 14:00) e 16:30 a 23:00 (saída auga 22:30)
  • Sábados: 10:00 a 14:00 (saída auga 13:30) e 18:00 a 21:00 (saida auga 20:30)

Noticias relacionadas