Para a categoría de adultos, o percorrido de asfalto e terra descorrerá por Fermín Rivera, a Ponte Romana, o paseo fluvial do Miño, entorno do Palomar e estrada de Orbazai.
Tanto a saída como a meta estarán situadas baixo a pasarela fluvial e a proba se desenvolverá entre as 17.00 e as 18.30 horas para as distintas categorías.
- Tema

O XXII Circuíto Larsa Corre con Nós 2024 mantén o seu poder de convocatoria e este sábado celebrará a quinta das súas probas, a penúltima do circuíto, que ten prevista a participación de máis de 650 atletas de todas as idades, nunha carreira que descorrerá pola contorna do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Neste senso, o edil de Deportes, Jorge Bustos, destacou que “en total xa hai 1.732 persoas inscritas no circuíto, que encara a súa recta final, pois tras esta carreira só restará a do vindeiro 9 de xuño”.
O percorrido de asfalto e terra descorrerá pola rúa Fermín Rivera, a Ponte Romana, o paseo fluvial do Miño, o entorno do acceso ao complexo do Palomar e estrada de Orbazai, mentres que tanto a saída como a meta estarán situadas baixo a pasarela fluvial. As citadas rúas estarán cortadas ao tráfico para a proba de adultos, desde ás 17.30 ás 18.30 horas, mentres que para o resto de categorías non afectarán ao tráfico rodado, posto que o percorrido se desenvolverá integramente polo interior do parque situado a carón da Feira de Exposicións.
Nos últimos anos, esta quinta proba co seu percorrido é xa un habitual do circuíto Larsa Corre con Nós por tratarse dun entorno perfecto para esta época do ano, onde pequenos e maiores adestran combinando terreo brando e duro. Dadas as características desta proba o edil de Deportes espera “unha gran participación, tendo en conta ademais que só resta unha carreira para finalizar esta exitosa edición do Corre con Nós”.
Categorías e Horarios:
- 17:00 h: MINI (2017-2019) : 350 mt .
https://racemapp.com/recorrido/678-corre-con-nos-pazo-de-feiras-e-congresos-mini
- 17:05 h : SUB12 (2013-2014)-SUB10 (2015-2016) : 800 mt https://racemapp.com/recorrido/1017-corre-con-nos-pazo-de-feiras-e-congresos-sub10-sub12
- 17:15 h : SUB16 (2009-2010)-SUB14 (2011-2012) : 1.850 mt https://racemapp.com/recorrido/1016-corre-con-nos-pazo-de-feiras-e-congresos-sub14-sub16
- 17:40 h : ADULTOS (2008 e anteriores) : 5.850 mt https://racemapp.com/recorrido/1015-corre-con-nos-pazo-de-feiras-e-congresos-adultos

