Paula Alvarellos presenta o spot promocional do Arde Lvcvs co que o Concello quere dar a coñecer a festa “en todos os rincóns do planeta"

A rexedora, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos presentou no Pazo dos Deportes ante a afición breoganista o vídeo promocional da XXIII edición da festa.

Fixérono coa axuda de Máximus, a mascota do CB Breogán, e acompañados dun druida e un cónsul, en representación das asociacións de recreación histórica da cidade.

O spot poderá visionarse nas pantallas de Correos de Lugo, Barcelona, Madrid, Marbella, Valencia, Bilbao, Zaragoza, Tarragona, León, Oviedo e Gijón.

Venres, 10 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos presenta o spot promocional do Arde Lvcvs co que o Concello quere dar a coñecer a festa “en todos os rincóns do planeta”

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, presentou este venres no Pazo Provincial dos Deportes o vídeo promocional do Arde Lvcvs 2024, no descanso do encontro entre o CB Breogán e o Andorra.

A rexedora e o concelleiro estiveron acompañados na pista por un druida e un cónsul –en representación das asociacións de recreación histórica da cidade– quenes entregaron a Alvarellos e Bustos un escutum romano e un pugio castrexo que representan a riqueza cultural das orixes da cidade.

Maximus, como portador destes símbolos, foi o encargado de iniciar a conta atrás para a presentación en exclusiva do spot elaborado polo Concello para promover internacionalmente a XXIII edición do Arde Lvcvs, que terá lugar do 13 ao 16 de xuño.

“Con este audiovisual queremos dar a coñecer o Arde Lvcvs en todos os rincóns do planeta, por iso, solicitamos a colaboración dos e das lucenses para compartir o vídeo nas redes e que cada vez máis xente se achegue a vivir esta festa icónica, a través da que retrocedemos no tempo para pór en valor o legado cultural e histórico que posuímos”, subliñou Alvarellos.

A rexedora avanzou, ademais, que o spot poderá visionarse nas pantallas de Correos das oficinas principais das cidades de: Barcelona, Madrid, Marbella, Valencia, Bilbao, Zaragoza, Tarragona, León, Oviedo, Gijón, así como nas oficinas de Lugo da rúa San Pedro e da rúa Mallorca.

Pola súa banda, Bustos puxo en valor o esforzo do Goberno Local tanto para a difusión da festa como para a súa dinamización “achegando novas actividades en cada edición e traballando da man das 19 asociacións de recreación da cidade para ofrecer unha programación lúdica e cultural ampla e variada durante os días de festexo”.

Así mesmo, o edil fixo fincapé “no labor de prospección do executivo para intensificar a colaboración público-privada e a búsqueda de novos patrocinadores para a festa. Neste senso, destacou como novidade nesta edición a posta en marcha dunha convocatoria para a instalación de oito postos na Rúa Quiroga Ballesteros para a promoción e difusión de empresas interesadas en dar a coñecer a súa marca no contexto dun evento de proxección internacional.

Noticias relacionadas