O edil de Deportes, que acompañou á delegación, felicitou aos participantes, e dixo que “poden estar felices co traballo desenvolvido, xogando con respecto e deportividade”.
Nestes Xogos participaron 1.673 deportistas menores de 16 anos pertencentes a 26 localidades de Galicia e Portugal.

Os 63 deportistas de Lugo que participaron nos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebraron en Braga, chegaron ao municipio con 12 medallas no seu haber nas categorías de atletismo, fútbol masculino e baloncesto masculino.
Durante a semana que duraron os xogos en Braga, os deportistas lucenses conseguiron 6 medallas de ouro en atletismo de ruta feminina, en lonxitude masculina, en 1.000 metros feminino e nos 1.000 masculino, en lanzamento de peso feminino e en 4x100 masculino. Ademais, gañaron 4 medallas de prata en lanzamento de peso masculino e en 100 metros feminino. Tamén obtiveron medalla de prata e trofeo en fútbol 7 masculino e en baloncesto masculino.
Ademáis, a delegación de Lugo competiu en natación e baloncesto feminino, onde quedaron entre os dez primeiros equipos.
En total, nestes Xogos participaron 1.673 deportistas menores de 16 anos pertencentes a 26 localidades de Galicia e Portugal, dos que 63 eran de Lugo e que foron seleccionados entre dos distintos clubs do municipio.
O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, que acompañou á delegación, felicitou a todos os participantes, e dixo que “poden estar felices co traballo e o esforzo desenvolvido, sempre xogando con respecto e deportividade” nestes xogos. “Sodes un exemplo de orgullo lucenses”, sostivo.
ATLETISMO:
Ruta:
Primeiras por equipos en Ruta Masculino e Feminino. Trofeo de campioas.
- 1ª individual en Ruta Feminina Xela Martínez Domínguez. Ouro.
- 3ª individual en Ruta Feminina Isabel Caeiro Mariño. Bronce.
- 3º Antón Martínez Domínguez. Bronce.
Pista:
- Lonxitude masculina 1º Adrián Villares Vázquez. Ouro.
- En 1000 mts feminino 1ª Carmen González Fernández. Ouro.
- En 1000 mts masculino 1º Iker González Núñez. Ouro.
- En Lanzamento de Peso masculino 2º Nicolás Arias Fernández. Prata.
- En Lanzamento de Peso feminino 1ª Paula Piñón Sureda. Ouro.
- En 100 mts Feminino 2ª Antia Pernas Rodríguez. Prata.
- En 4x100 Masculino 1º .Ouro
- Primeiros por equipos en Pista categoría masculina: Trofeo de campións.
FUTBOL 7 MASCULINO:
- Subcampións. Trofeo e medalla de prata.
BALONCESTO MASCULINO:
- Subcampións. Trofeo e medalla de prata
Ademais competiuse tamén en Natación e Baloncesto feminino quedando entre o dez primeiros equipos.