- Tema
A pasada fin de semana celebrouse en Oviedo o Campionato de España Xuvenil de Atletismo no que a saltadora de altura lucense Paula Ferreiros, se proclamou campioa de España.
Ademais, o SF Lucus Caixa Rural foi o club galego con máis atletas participantes, con 4 atletas femininas.
Tamén hai que destacar a actuación doutras atletas lucenses como o 4º posto de Alicia Merino en Combinadas, cunha actuación moi completa mellorando marcas en dúas probas: lonxitude e 60 metros valados.
Loita
Uns bos resultados acadaron tamén os loitadores lucenses que participaron no Campionato de España cadete de Loitas Olímpicas. O Club de Loita Lugo aportou dous deportistas a selección Galega de Loita Libre Olímpica, que rematou no 3º posto por seleccións.
Os deportistas Lucenses son:
- Francisco Otero Fernández: categoría de menos de 85 Kg. Acadou o 3º posto.
- Óscar Moreno González: categoría de menos de 76 Kg. Acadou o 9º posto.
Os resultados acadados, superaron as expectativas, xa que é a primeira participación nos campionatos de España de ambos loitadores.
A próxima convocatoria para Francisco Otero, pode vir da Selección Nacional de Loita, para participar nas concentracións de tecnificación que terán lugar en Murcia, no CAR Infanta Cristina, durante a primeira quincena de Abril.