Ornitólogos españois estudan e analizan na cidade o comportamento dos cirrios a través do proxecto MIGRA

Daniel Piñeiro supervisou os traballos, que se centran na Muralla de Lugo por ter unha das colonias máis destacadas de Europa

Xoves, 05 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ornitólogos españois estudan e analizan na cidade o comportamento dos cirrios a través do proxecto MIGRA

Varios ornitólogos da Sociedade Española de Ornitoloxía SEO/BirdLife e da asociación lucense Numenios están a realizar estes días na cidade un estudo e a análise sobre o comportamento do cirrios, coa colaboración do Concello.
 
O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este xoves os traballos enmarcados no proxecto MIGRA, que comezaron o ano pasado e céntranse no entorno da Muralla, por ser o lugar no que se atopa unha das colonias máis destacadas de cirrios de toda Europa.

Os ornitólogos queren comprobar se estas aves volven ao lugar no que fixeron o niño, polo que esta mañá colleron 8 paxaros dun total de 20 que tiñan un xeolocalizador, que lles puxeran xa fai un ano.

Os cirrios son aves de especial importancia en Lugo, xa que forman parte da cidade e contribúen a manter o equilibrio natural na mesma, xa que capturan un importante número de insectos.

Noticias relacionadas