Luns, 04 de novembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Tentente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación Auxilia. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.
Rubén Arroxo trasladou o compromiso do Concello para realizar estudos por parte do gabinete de Mobilidade nos futuros proxectos, garantindo así a mobilidade de todas as persoas “e que así Lugo sexa unha cidade accesible”.
Audio
- O Tentente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza con representantes da asociación Auxilia | Descargar mp3