Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza coa asociación Auxilia

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza coa asociación Auxilia

  • Tema
    • Accesibilidade,
    • Inclusión,
    • Infraestruturas
Luns, 04 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza coa asociación Auxilia

O Tentente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación Auxilia. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.

Rubén Arroxo trasladou o compromiso do Concello para  realizar estudos por parte do gabinete de Mobilidade nos futuros proxectos, garantindo así a mobilidade de todas as persoas “e que así Lugo sexa unha cidade accesible”.

Audio

  • O Tentente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza con representantes da asociación Auxilia | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-tenente-de-alcaldesa-ruben-arroxo-mantivo-unha-xuntanza-coa-asociacion-auxilia

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191104_ruben_arroxo_xuntanza_auxilia.mp3