Martes, 07 de novembro de 2023
Fonte:
Gabinete de Prensa
Dende a área de Transición Ecolóxica dáse traslado de que, con motivo da celebración do seu patrón, o cadro de persoal da empresa encargada do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo festexará mañá a San Martín de Porres, de maneira que os dispositivos veranse reducidos sensiblemente durante toda a xornada.
O Concello pide desculpas á veciñanza polas molestias que estas variacións no servizo poidan ocasionar.