Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O servizo de limpeza viaria diminúe mañá o número de dispositivos pola celebración do patrón

O servizo de limpeza viaria diminúe mañá o número de dispositivos pola celebración do patrón

  • Tema
    • Benestar social,
    • Programación cultural,
    • Urbanismo
Martes, 07 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende a área de Transición Ecolóxica dáse traslado de que, con motivo da celebración do seu patrón, o cadro de persoal da empresa encargada do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo festexará mañá a San Martín de Porres, de maneira que os dispositivos veranse reducidos sensiblemente durante toda a xornada.

O Concello pide desculpas á veciñanza polas molestias que estas variacións no servizo poidan ocasionar.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-servizo-de-limpeza-viaria-diminue-mana-o-numero-de-dispositivos-pola-celebracion-do-patron-0