O Pavillón Municipal dos Deportes acolle este sábado o II Trofeo de Balonmán Cidade de Lugo

Miguel Fernández, Óscar Rodríguez e Manuel López presentaron esta competición amistosa, que disputará o Condes de Albarei SD Teucro e Abanca-Ademar a partir das 18:30

Paralelamente, organízase o I Torneo Cidade de Lugo balonmán base, no que competirán uns 20 equipos ese mesmo día, en xornada de mañá. Reunirá a máis de 100 mozos e mozas, en categorías benxamín e alevín

Mércores, 24 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Pavillón Municipal dos Deportes acolle este sábado o II Trofeo de Balonmán Cidade de Lugo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente do Club Polideportivo Lucense, Óscar Rodríguez, así como o Secretario Técnico deste club, Manuel López, presentaron este mércores, no Salón de Plenos do Concello, o II Trofeo de Balonmán Cidade de Lugo, un evento que o Polideportivo Lucense, co apoio da entidade local, intenta consolidar no panorama do balonmán galego, ao tempo que se difunde este deporte no muncipio e na provincia, que buscar volver recuperar o posto de deporte punteiro en Lugo.

No acto de presentación, Fernández puxo o acento na gran tradición que sempre tivo este deporte na cidade, así como na suma dun evento que xunta deporte de base e de elite na mesma xornada. Tamén aproveitou a ocasión para agradecer o traballo ao club organizador e para convidar ao pobo lugués a disfrutar dunha xornada intensa de balonmán de alto nivel.

Para esta competición amistosa, o Club Polideportivo Lucense convidou aos clubes Condes de Albarei SD Teucro e Abanca-Ademar, dous equipos representantes da máxima cateogría do balonmán español, aproveitando o parón nas competicións oficiais pola celebración do campionato europeo de Croacia. O partido terá lugar este sábado, 27 de xaneiro, no Pazo Municipal dos Deportes, a partir das 18:30 horas.

Paralelamente, organízase o I Torneo Cidade de Lugo balonmán base, no que competirán uns 20 equipos ese mesmo día, en xornada de mañá. Reunirá a máis de 100 mozos e mozas xogadoras deste deporte das provincias de Lugo, A Coruña e Ourense. As actividades iniciaranse ás 09:30 horas e rematarán ás 14:30 horas. Hai competicións en categorías benxamín e alevín.

Noticias relacionadas