O I Congreso Iberoamerianco Cultura e Memoria, que acollerá o Vello Cárcere sendo un dos poucos en España deste tipo, pecha a súa inscrición

Ata o martes 27, as persoas interesadas en participar poden inscribirse, de xeito gratuíto, a través de cemiterio.lugo.gal. Celebrarase os días 30 de novembro e 1 de decembro no auditorio deste centro sociocultural

O programa abrangue distintos eixes temáticos: representacións da morte na historia, ritos funerarios e morte nas distintas culturas, antropoloxía da morte e grandes cemiterios monumentais

Xoves, 22 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O I Congreso Iberoamerianco Cultura e Memoria, que acollerá o Vello Cárcere sendo un dos poucos en España deste tipo, pecha a súa inscrición

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, lembrou que o vindeiro martes, 27 de novembro, é o último día para inscribirse no I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria, un dos poucos desta temática e tipoloxía que se celebran en España. Trátase dunhas xornadas organizadas polo Concello e a USC, no marco da celebración do 70 aniversario do camposanto lugués, que versarán sobre As perspectivas da morte e que terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro no auditorio do Vello Cárcere.

Esta actividade enmárcase dentro do convenio de colaboración subscrito entre a entidade local e a universidade. Pretende profundar no tema da morte, e vén a afianzar a dinámica de traballo interdisciplinar levado a cabo neste últimos anos entre Concello e USC, que ten consolidado xa logros importantes no ámbito da cultura funeraria.

O programa abrangue distintos eixes temáticos: representacións da morte na historia, ritos funerarios e morte nas distintas culturas, antropoloxía da morte e grandes cemiterios monumentais. Haberá conferencias, comunicacións e mesas redondas; todo elo cun obxectivo: crear un foro de debate e estudo das distintas achegas científicas e de investigacións que neste ámbito proporcionen información precisa a través da cal poder abordar conceptual e culturalmente a morte. 

A programación

Venres, 30 de novembro

09:00 horas.- Recepción das persoas asistentes e entrega de documentaicón

09:30 horas.- Acto de inauguración do congreso

10:00 horas.- A morte no Lugo Romano: rituais e espazos funerarios, a cargo de Enrique González, arqueólogo do Concello de Lugo

11:00 horas.- Análise dun espazo de memoria olvidado, a cargo de Antonia Pérez, Doutora arquitecta, profesora do departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas da Escola Técnica Superior de Arquitectura en A Coruña

12:30 horas.- Lectura de comunicacións

16:00 horas.- Perdeuse o hábito branco: a morte entre os maias de onte e de hoxe; a cargo de Ana Garíca, Licenciada en Historia do Arte e Historia de América II

17:00 horas.- Mesa redonda: A morte nas distintas culturas; coa participación de Esther Vaquero, da Fundación Chu Sup Tsang (A morte na filosofía budista), Max-Jean Zins, Doutor en Ciencias Políticas (Evolución dos ritos funerarios de guerreiros na India hoxe) e Jesús Ávila; Licenciado en Ciencias da Información (A morte no catarismo).

19:00 horas.- Memorias do alén, unha representación a cargo de Achádego

20:00 horas.- Visita guiada ao Cemitriro Municipal de San Froilán, a cargo de Ana Goy, Catedrática de Historia do Arte e Directora do Centro de Estudos da Cidade, quen tamén asistiu á presentación

Sábado, 1 de decembro

09:30 horas.- Mesa redonda: Morte digna: perspectivas; coa particpación de Isidoro Rodríguez, Doutor en Humanidades (Psicoloxía da morte).

12:00 horas.- A morte como patrimonio propio de Iberoamércia: perspectivas antropolóxcias sobre malas e boas mortes; a cargo de Juan Antonio Flores, Doutor en antropoloxía social.

13:00 horas.- Cemiterios como recurso cultural e turístico, experiencias de xestión e difusión, a cargo de Francisco José Rodríguez, Doutor en Xeografía e Historia

16:00 horas.- Mesa redonda: Grandes cemiterios patrimoniais; coa particpación de Jordi Valmaña, presidente da AFCM, José Francisco Ferreira, Doutor en Historia do Arte, Eduardo Jorge Montemuiño, Coordinador da Rede Uruguaya de cemiterios e sitios patrimoniais, e Ana Goy.

18:30 horas.- Difusión da cultura funeraria: perspectivas, a cargo de Jesús Pozo, Director da Revista Adiós Cultural

19:30 horas.- Clausura

Audio

  • Rosana Rielo, sobre o I Congreso Iberoamerianco Cultura e Memoria | Descargar mp3

Noticias relacionadas