Miguel Fernández anunciou o evento, que será este domingo, no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 19:00 horas. Recoñeceranse a máis de 120 deportistas
Ademais, esta gala converterase nun recoñecemento a unha figura emblemática do atletismo popular lucense, Daniel Aguilar, así como á súa dilatada traxectoria atlética popular polo mundo
- Tema

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, anunciou este mércores a data de celebración da segunda gala do Circuíto Larsa Corre con Nós, impulsada polo Concello. Será este domingo, 2 de decembro, e repite escenario: o Auditorio Municipal Gustavo Freire, a partir das 19:00 horas.
Deste xeito, o Goberno celebra por segundo ano esta cita, que serve para homenaxear a todos e todas as atletas desta clásica proba, que se ten metido nos últimos anos no calendario galego de citas marcadas no calendario do atletimo. Serve tamén para entregar os premios a todas as categorías deste circuíto.
En total, máis de 120 atletas serán premiados no evento, que é de acceso gratuíto para todos aqueles que queiran acudir acompañando aos seus familiares e amigos. O deportista Felipe Barata conducirá a gala e nela entregaranse os trofeos aos premios e premiadas das seguintes categorías:
- Liga Larsa de adultos
- Liga Caixa Rural categorías menores
- Liga escolar Decathlon
- Clasificación Coca-Cola por equipos
- Clasificación familiar Centro comercias As Termas
- Clasificación Larsa final por sexos
- Clasificación Larsa final compensada
Entre as distintas entregas haberá proxeccións de vídeo do que foi o circuíto deste ano así como actuacións musicais. Tamén haberá un sorteo de agasallos entre as persoas asistentes.
Ademais, esta gala converterase nun recoñecemento a unha figura emblemática do atletismo popular lucense, Daniel Aguilar, así como á súa dilatada traxectoria atlética popular polo mundo.
Máis información do Circuíto Larsa Corre con Nós na web: http://correconnos.com/pages/web/portada
Audio
- Miguel Fernández, sobre a gala CCNN | Descargar mp3