O Goberno pon en marcha un Nadal máis as Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas

Ana González deu a coñecer este venres a programación dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos, que terán lugar lugar nos centros de convivencia da Milagrosa, María Balteira e Maruja Mallo

As Aulas Abertas celebraranse dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro, de 09:30 a 13:30 horas. O prazo de inscrición ábrese o luns e debe realizarse no centro no que se vaian a realizar as actividades

Venres, 15 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno pon en marcha un Nadal máis as Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas

O Goberno de Lugo pon en marcha un Nadal máis a programación de Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas. Así o deu a coñecer este venres a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Gonzalez Abelleira. Trátase de actividades dirixidas a nenos e nenas de 3 a 11 anos, que terán lugar nos centros de convivencia da Milagrosa e María Balteira -de 4 a 11 anos- e Maruja Mallo -de 3 a 10 anos-. Para esta programación, que ten un horario de 09:30 a 13:30 horas, hai 20 prazas en cada centro, é dicir, un total de 60 prazas.

Estas actividades tamén reforzan as ociotecas que ofrece o Concello, para que os nenos e nenas empreguen as sús épocas de lecer en distintas alternativas lúdicas educativas en horarios que ademais faciliten a súa conciliación.

As Aulas Abertas celebraranse os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018. As persoas interesadas deberán aboar 1,03 euros ao día.

As solicitudes de inscrición deben realizarse dende o vindeiro luns, 18 de decembro, ao mércores, 20 de decembro, de 09:00 a 13:00 horas no centro no que se queira realizar a actividade. Resérvase un máximo dun 40% das prazas para persoas con diversidade funcional. Cada persoa só poderá efectuar solicitudes para unha única unidade familiar. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A participación nesta programación seguirá a seguinte orde de prioridade: persoas empadroadas no Concello de Lugo, persoas non empadroadas derivadas polo servizos sociais do Concello.

Máis información no Servizo de Información Municipal 010 ou na páxina web do Concello, www.lugo.gal

Xoguetes non sexistas

Ana González Abelleira tamén avanzou a posta en marcha dunha campaña de sensibilización que promove a importancia de regalar xogueste non sexistas no Nadal, do mesmo xeito que xa se fixera o pasado ano. A iniciativa, que arrincará a vindeira semana, céntrase na responsabilidade das familias á hora de comprar os agasallos dos máis cativos, desbotando a idea de escoller xoguetes en función do seu sexo.

Audios

Documento

Noticias relacionadas