Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno pon en marcha un Nadal máis as Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas

O Goberno pon en marcha un Nadal máis as Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas

Ana González deu a coñecer este venres a programación dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos, que terán lugar lugar nos centros de convivencia da Milagrosa, María Balteira e Maruja Mallo

As Aulas Abertas celebraranse dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro, de 09:30 a 13:30 horas. O prazo de inscrición ábrese o luns e debe realizarse no centro no que se vaian a realizar as actividades

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Infancia,
    • Conciliación
Venres, 15 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno pon en marcha un Nadal máis as Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas

O Goberno de Lugo pon en marcha un Nadal máis a programación de Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas. Así o deu a coñecer este venres a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Gonzalez Abelleira. Trátase de actividades dirixidas a nenos e nenas de 3 a 11 anos, que terán lugar nos centros de convivencia da Milagrosa e María Balteira -de 4 a 11 anos- e Maruja Mallo -de 3 a 10 anos-. Para esta programación, que ten un horario de 09:30 a 13:30 horas, hai 20 prazas en cada centro, é dicir, un total de 60 prazas.

Estas actividades tamén reforzan as ociotecas que ofrece o Concello, para que os nenos e nenas empreguen as sús épocas de lecer en distintas alternativas lúdicas educativas en horarios que ademais faciliten a súa conciliación.

As Aulas Abertas celebraranse os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018. As persoas interesadas deberán aboar 1,03 euros ao día.

As solicitudes de inscrición deben realizarse dende o vindeiro luns, 18 de decembro, ao mércores, 20 de decembro, de 09:00 a 13:00 horas no centro no que se queira realizar a actividade. Resérvase un máximo dun 40% das prazas para persoas con diversidade funcional. Cada persoa só poderá efectuar solicitudes para unha única unidade familiar. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A participación nesta programación seguirá a seguinte orde de prioridade: persoas empadroadas no Concello de Lugo, persoas non empadroadas derivadas polo servizos sociais do Concello.

Máis información no Servizo de Información Municipal 010 ou na páxina web do Concello, www.lugo.gal [1]

Xoguetes non sexistas

Ana González Abelleira tamén avanzou a posta en marcha dunha campaña de sensibilización que promove a importancia de regalar xogueste non sexistas no Nadal, do mesmo xeito que xa se fixera o pasado ano. A iniciativa, que arrincará a vindeira semana, céntrase na responsabilidade das familias á hora de comprar os agasallos dos máis cativos, desbotando a idea de escoller xoguetes en función do seu sexo.

Audios

  • Ana Gonzalez Abelleira, sobre Xoguetes non sexistas | Descargar mp3 [2]
  • Ana Gonzalez Abelleira, sobre Aulas Abertas| Descargar mp3 [3]

Documento

  • Aulas Abertas | Descargar pdf [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-pon-en-marcha-un-nadal-mais-aulas-abertas-co-obxecto-de-facilitar-conciliacion-da

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/151217_gonzalezabelleira-xoguetesnonsexistas.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/151217_gonzalezabelleira-aulasabertas.mp3
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/aulas-abertas-nadal_2017.pdf