A alcaldesa, acompañada dos edís de Transición Ecolóxica e de Cohesión Territorial, supervisou os traballos que hoxe se centrarán na montaxe da pasarela de acceso ao río.
Tamén se procedeu a balizar con boias tanto a zona de acceso ao río, desde a rampla, como os espazos con máis densidade de poboación de mexillóns, nun lateral da pasarela.

A actividade foi intensa desde primeiras horas da mañá por parte dos servicios municipais do Concello de Lugo, encargados de comezar cos traballos de instalación da rampla de acceso ao río Miño. A alcaldesa, Paula Alvarellos, acompañada dos edís de Transición Ecolóxica e de Cohesión Territorial, Miguel Fernández e Ana González Abelleira, respectivamente, supervisaron estes traballos, que hoxe se centrarán na preparación do terreo e na instalación da pasarela.
O seguinte paso será a colocación das varandas coas que se vai garantir a seguridade das usuarias e usuarios desta infraestrutura, gracias a esta varanda metálica, que terá puntais metálicos unidos con cordas náuticas.
A estrutura de acceso, cunha superficie transitable de PVC, imita a madeira, é antiescorregadiza e ten unhas dimensións de dous metros de ancho por cinco de longo. Na súa instalación se tivo especial coidado para non afectar ao leito do río, ao tempo que se balizaron determinadas zonas do río que ten que quedar libres de bañistas. Así, se procedeu a sinalar tanto o acceso máis cómodo ao Miño con dúas boias, como unha zona próxima no lateral da rampla, que tiña que quedar balizada por presentar unha alta densidade de poboación de mexillóns.


