O Goberno Local colabora coa EPSE na plantación dun bosquete de carballos en terreos municipais de San Fiz

O alcalde asistiu ao acto organizado pola Escola Politécnica xunto á directora, Rosa Romero, e alumnado do centro, e o vicereitor do Campus Terra, Francisco Fraga,  polo Día Mundial dos Bosques, celebrado a pasada semana.

A plantación levouse a cabo en San Fiz, un dos barrios nos que máis se está a construír, para “simbolizar a convivencia do Lugo urbano e rural no noso modelo de cidade”.

O rexedor agradeceu o labor da EPSE e desexou ao seu alumnado que “nun futuro sexan parte das empresas que lideran a economía verde e circular e as enerxías sostibles”.

Venres, 28 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno Local colabora coa EPSE na plantación dun bosquete de carballos en terreos municipais de San Fiz

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asistiu esta mañá ao acto de plantación de especies autóctonas, convocado pola Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC e organizado polo alumnado de cuarto curso de Foestais e Montes, co que conmemorar o Día Forestal Mundial ou Día dos Bosques, nun acto previsto a semana pasada e que tivo que pospoñerse polas intensas choivas. O rexedor, xunto á directora da Escola Politécnica, Rosa Romero, ao vicerreitor do Campus Terra, Francisco Fraga, e a varios alumnos e alumnas do centro, achegouse ao barrio de San Fiz, onde se levou a cabo a plantacións dun bosquete de carballos, cedidos pola EPSE.

Miguel Fernández sinalou que “esta plantación nun dos barrios nos que máis se está a construír simboliza a aposta deste Goberno Local pola convivencia do Lugo urbano e rural no noso modelo de cidade”, ao tempo que agradeceu  “o importante labor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería na implantación de empresas que lideren a economía verde tan importante no noso municipio”.

A plantación de carballos levouse a cabo no barrio da San Fiz, nunha parcela municipal situada na esquina da rúa Montiron coa rúa Fonte da Bica. O rexedor felicitou á Escola Politécnica pola súa “traxectoria e contribución á formación académica, claves no eido da reforestación e do deseño dos espazos urbanos e periurbanos, nos que o arboredo ten un gran protagonismo, non só desde o punto de vista  do actual contexto de cambio climático e pola súa contribución ao medio ambiente, senón tamén polo que inflúe na calidade de vida dos e das lucenses”.

Ademais, Miguel Fernández desexou aos alumnos e alumnas da Escola Politécnica que participaron nesta plantación que “teñan un papel relevante no futuro desta cidade; que opten por Lugo para desenvolver a súa traxectoria profesional e que, oxalá, formen parte de empresas punteiras que aposten pola innovación tecnolóxica, a economía verde e circular e as enerxías limpas e sostibles”.

Multimedia

  • O Goberno Local colabora coa EPSE na plantación dun bosquete de carballos en terreos municipais de San Fiz
  • O Goberno Local colabora coa EPSE na plantación dun bosquete de carballos en terreos municipais de San Fiz

Noticias relacionadas