O Goberno inicia unha nova etapa no Concello, acadando o respaldo do 80% dos sindicatos á RPT

Coa aprobación desta ferramenta de organización pública, gaña o Concello e gañan os traballadores e traballadoras", asegurou Daniel Piñeiro, quen confesou que este é un paso moi importante, pero é o primeiro dun longo camiño para conseguir maximizar os recursos humanos da entidade local

Martes, 14 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno inicia unha nova etapa no Concello, acadando o  respaldo do 80% dos sindicatos á RPT

Tras meses de traballo e semanas de negociacións, o Goberno lugués inicia este martes unha nova etapa no Concello, ao aprobar a nova Relación de Postos de Traballo avalada polo 80% dos sindicatos na Mesa Xeral de Negociación, cos votos favorables de CC.OO., UXT, CSIF, USTGA, e en contra, CIGA. O acordo deberá ser ratificado pola Xunta de Goberno.

Coa aprobación desta ferramenta de organización pública, gaña o Concello e gañan os traballadores e traballadoras", asegurou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen confesou que este é un paso moi importante, pero é o primeiro dun longo camiño para conseguir maximizar os recursos humanos da entidade local, e permitir un traballo máis moderno, e máis organizado de cara a conseguir a eficiencia destes recursos para unha mellor atención á cidadanía.

Así mesmo, o edil destacou que dito acordo alcanzado está basado no diálogo, implicando aos sindicatos como protagonistas na propia negociación, e en moitas horas de traballo intenso; ao tempo que agradeceu o arduo labor da Directora Xeral de Recursos  Humanos, Ana Sáez.

Esta nova RPT permitirá melloras organizativas e de funcionamento, distribuíndo o persoal e posibilitando que promocione mediante carreira profesional, entre outros. Ademais, este documento "complexo e vivo", tal e como o definiu o edil, inclúe un plan de ordenación de recursos humanos, que vai garantir a funcionarización, un concurso de traslados, incentivar a formación dos e das traballadoras ou modernizar a administración.

A aprobación da nova Relación de Postos de Traballo constitúe un dos grandes obxectivos que a Alcaldesa, Lara Méndez, trasladou aos propios representantes dos e das traballadoras tras a súa toma de posesión.

Audio

  • Piñeiro, sobre a aprobación da nova Relación de Postos de Traballo | Descargar mp3

Noticias relacionadas