O Goberno fai cidade dende os barrios e proxecta a instalación dun ascensor de uso público en Fontiñas

O equipo de Lara Méndez xa conta co proxecto de construción, cunha inversión de 255.400 euros e un prazo de execución de 4 meses, e que levará na súa proposta de orzamentos do 2018. Ademais prevé humanizar a contorna

"Tratamos de dar unha solución de mobilidade a unha demanda que nos trasladaron veciños e veciñas de Fontiñas. Responde ademais ao compromiso do Goberno de facer unha cidade más accesible, onde os peóns sexan os verdadeiros protagonistas", asegurou a Alcaldesa

A estrutura do ascensor terá unha altura de, aproximadamente, 14,50 metros dende a cota do chan terminado na Ronda das Fontiñas, e unha ocupación de 2x2 metros en pranta. Ademais, disporase dun alumeado no itinerario accesible

Con esta acción, o Goberno continúa traballando por un modelo de cidade accesible. Aposta tamén por conectar mellor aos barrios para facer unha cidade cohesionada, unha cidade con espazos públicos aos que saia á xente soamente cun fin determinado: disfrutalos

Luns, 27 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno fai cidade dende os barrios e proxecta a instalación dun ascensor de uso público en Fontiñas

O Goberno pensa Lugo dende os barrios e fai a cidade dende os veciños e veciñas. E con esta premisa, coa de impulsar os barrios, se achegou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, á Ronda das Fontiñas, á altura da escalinata con Ramón Montenegro, para dar conta dunha nova acción que vai a levar a cabo o Concello: a construcción dun ascensor de uso público entre ambas as rúas, así como a humanización da contorna.

Lara Méndez, que estivo acompañada do Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e do Voceiro Municipal, Miguel Fernández, así como do xefe da área municipal de Enxeñaría, Pablo Fuentes; avanzou que o Goberno xa conta co proxecto de construcción, cunha inversión de 255.400 euros e un prazo de execución de 4 meses, e que levará na súa proposta de orzamentos do 2018.

"Con este novo proxecto tratamos de dar unha solución de mobilidade a unha demanda que nos trasladaron veciños e veciñas de Fontiñas. Responde ademais ao compromiso do Goberno de facer unha cidade más accesible, onde os peóns sexan os verdadeiros protagonistas", asegurou no acto a rexedora.

Tal e como explicou a Alcaldesa, o  proxecto consiste en solventar o desnivel de 11 metros entre Fontiñas e Ramón Montenegro. Para elo, deseñouse un ascensor, que na súa parte final terá unha pasarela, que se materializará como unha estrutura de aceiro, tipo celosía, cuberta lateralmente con paneis de vidro traslúdico. Un extremo da pasarela apoiarase na beirarrúa de Ramón Montenegro, mentres que o outro apoiarase na estrutura do cañón do ascensor, que tamén se materializará como unha estrucutra de aceiro de tipo celosía con cerramento de vidro transparencte, salvo a súa parte inferior, que estará formada por muros de formigón de 2,20 metros de altura. Todo elo estará cimentado tamén en formigón.

A estrutura do ascensor, que estaría ubidado na Ronda das Fontiñas, lindante coa marquesiña de autobus actual, terá unha altura de, aproximadamente, 14,50 metros dende a cota do chan terminado na Ronda das Fontiñas, e unha ocupación de 2x2 metros en pranta. Ademais, disporanse dun alumeado que garanta as condicións de iluminación do itinerario accesible. Para isto, tamén é necesario realizar unha modificación do último tramo da escaleira, para garantir unha altura libre obstáculos baixo a pasarela.

Humanización do entorno

Paralelamente á construción deste ascensor con pasarela contemplánse distintas melloras de humanización da zona, como a substitución das varandas da escalinata, para darlle máis seguridade; ou a reparación de pavimentos, con acabado antideslizante, para garantir a seguridade; así como a ampliación de beirarrúas e implantación de novos pasóns de peóns nesta zona.

"Con esta acción, o Goberno de Lugo continúa traballando nun modelo de cidade accesible, na que se favorece e facilita a mobilidade dos nosos veciños e veciñas. Aposta tamén por conectar mellor aos barrios para facer unha cidade cohesionada, unha cidade con espazos públicos aos que saia á xente soamente cun fin determinado: que é disfrutalos, de facer rúa, de facer convivencia", concluíu a Alcaldesa, quen enxalzou as característica do barrio, nas que o Concello tamén está a crear os hortos urbanos e no que tamén substituiu a rede de abastecemento. Trátase ademais dunha zona con puntos de lecer, que concentra a uns 10.000 veciños e veciñas, na que viven persoas maiores con dificultades de mobilidade, na que tamén se atopa un centro de saúde.

Documento

Audio

  • Lara Méndez, sobre a instalación dun ascensor de uso público en Fontiñas | Descargar mp3

Multimedia

  • O Goberno fai cidade dende os barrios e proxecta a instalación dun ascensor de uso público en Fontiñas

Noticias relacionadas