O Goberno desenvolve tarefas de desbroce e limpeza nas 54 parroquias do municipio

Miguel Fernández supervisou os traballos, que xa se levaron a cabo en Pías, Tirimol, Meilán, Coeses, Soñar, Calde e Meilán, e que, tras rematar en Monte de Meda,  se executarán en Saá, Prólago e Piugos

O Concello tamén está a acometer actuacións de desbroce en diversas zonas da cidade, co obxecto de evitar que a maleza interfiera no tránsito de persoas e vehículos. Xa se realizaron en Albeiros, Marqués de Ombreiro e A Cheda. Continuarase polas Gándaras e Castelo

Luns, 16 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno desenvolve tarefas de desbroce e limpeza nas 54 parroquias do municipio

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, informou este luns da evolución do plan de roza no rural, que o Goberno de Lugo está a acometer en 750 quilómetros de estradas e pistas das 54 parroquias luguesas, e dos que se ocupan operarios dunha empresa contratada. Paralelamente, o Concello ten unha brigada municipal executando tarefas de limpeza de maleza, co obxectivo de adecentar as marxes das estradas.

Tal e como explicou Fernández, quen se achegou a Monte de Meda a supervisar ditas tarefas, a roza xa se levou a cabo nas parroquias de Pías, Tirimol, Meilán, Coeses, Soñar, Calde e Meilán. Tras rematar en Monte de Meda executaranse os traballos nas parroquias de Saá, Prólago e Piugos.

O Plan de Roza das pistas da zona rural do municipio, que conta cun orzamento de 98.000 euros, arrincou no mes de xullo e prolongaranse o vindeiro mes ata chegar á totalidade da rede viaria municipal. Trátase pois de "mellorar a visibilidade na nosa rede viaria, así como as comunicacións e a seguridade das persoas que circulen por ela", asegurou o edil, quen remarcou que "en definitiva, trátase de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas que viven no rural, asegurándolles a súa comodidade".  Así mesmo, o Goberno busca reducir o risco de incendios forestais, empregando a limpeza como traballo de prevención.

Desbroce na cidade

O Goberno de Lugo tamén está a acometer diferentes actuacións de desbroce en diversas zonas da cidade ao longo dos meses de verán, a través de Urbaser, co obxecto de evitar que a maleza interfiera no tránsito de persoas e vehículos e co fin de realizar un labor preventivo respecto aos incendios na época do ano de máxima alerta. Entre as actuacións neste mes xullo, xa se acometeron en Albeiros, Marqués de Ombreiro e A Cheda. Continuarase polas Gándaras e Castelo, entre outros.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre as tarefas de desbroce e limpeza | Descargar mp3

Multimedia

  • O Goberno desenvolve tarefas de desbroce e limpeza nas 54 parroquias do municipio

Noticias relacionadas