O Goberno de Lara Méndez colabora co proxecto da Xunta de recuperación do Pazo Dona Urraca co fin de que o retorno do investimento local sexa para vivendas municipais de aluguer “para evitar a especulación”

O Concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, pídelle a Xunta que recupere os niveis de investimento na recuperación da Tinería, “de 1,2 millóns de euros en dez anos fronte os 24 millóns nos catro anos de bipartito”

Luns, 25 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez colabora co proxecto da Xunta de recuperación do Pazo Dona Urraca co fin de que o retorno do investimento local sexa para vivendas municipais de aluguer “para evitar a especulación”

O Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, amosou a man tendida do Goberno de Lara Méndez para cooperar na rehabilitación de inmobles do casco histórico coa Xunta de Galicia, que é a administración que ten as competencias en materia de vivenda. Así manifestouno esta mañá durante a visita da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao barrio da Tinería.

Miguel Couto explicou que mantén desde hai meses contactos co Instituto Galego da Vivenda e Solo para colaborar no proxecto de recuperación do Pazo de Dona Urraca, onde, aínda que o Concello non é titular de ningún inmoble na zona onde se actuará, o obxectivo e “facernos coa propiedade de 3 vivendas e algúns espazos preto do pazo para pór a disposición da Xunta e que desenvolvan alí unha actuación integral”. “O Concello espera que este investimento co que colaboraremos teña como retorno vivendas de aluguer municipal para adicar ao aluguer e “evitar así accións especulativas”.

“E importante toda a labor de colaboración entre ambas as dúas administracións, pero estamos aínda moi lonxe de recuperar o nivel de investimentos que a Xunta de Galicia acadou en Lugo durante o goberno bipartito, que investiu 24 millóns de euros no barrio da Tinería”, sostivo Couto.

Desde o ano 2009, o nivel de execución en materia de rehabilitación na cidade de Lugo ascendeu a 1,2 millóns de euros “fronte ao investimento superior a un millón de euros no Concello de O Incio, con 1.600 habitantes, ou o preto de medio millón de Mondoñedo, con 3.600 habitantes, ambos os dous concellos gobernados polo PP”, comentou Miguel Couto.

Audio

  • O Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, sobre a visita A Tinería (I) | Descargar mp3
  • O Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, sobre a visita A Tinería (II) | Descargar mp3

Noticias relacionadas