Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lara Méndez colabora co proxecto da Xunta de recuperación do Pazo Dona Urraca co fin de que o retorno do investimento local sexa para vivendas municipais de aluguer “para evitar a especulación”

O Goberno de Lara Méndez colabora co proxecto da Xunta de recuperación do Pazo Dona Urraca co fin de que o retorno do investimento local sexa para vivendas municipais de aluguer “para evitar a especulación”

O Concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, pídelle a Xunta que recupere os niveis de investimento na recuperación da Tinería, “de 1,2 millóns de euros en dez anos fronte os 24 millóns nos catro anos de bipartito”

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Urbanismo
Luns, 25 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez colabora co proxecto da Xunta de recuperación do Pazo Dona Urraca co fin de que o retorno do investimento local sexa para vivendas municipais de aluguer “para evitar a especulación”

O Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, amosou a man tendida do Goberno de Lara Méndez para cooperar na rehabilitación de inmobles do casco histórico coa Xunta de Galicia, que é a administración que ten as competencias en materia de vivenda. Así manifestouno esta mañá durante a visita da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao barrio da Tinería.

Miguel Couto explicou que mantén desde hai meses contactos co Instituto Galego da Vivenda e Solo para colaborar no proxecto de recuperación do Pazo de Dona Urraca, onde, aínda que o Concello non é titular de ningún inmoble na zona onde se actuará, o obxectivo e “facernos coa propiedade de 3 vivendas e algúns espazos preto do pazo para pór a disposición da Xunta e que desenvolvan alí unha actuación integral”. “O Concello espera que este investimento co que colaboraremos teña como retorno vivendas de aluguer municipal para adicar ao aluguer e “evitar así accións especulativas”.

“E importante toda a labor de colaboración entre ambas as dúas administracións, pero estamos aínda moi lonxe de recuperar o nivel de investimentos que a Xunta de Galicia acadou en Lugo durante o goberno bipartito, que investiu 24 millóns de euros no barrio da Tinería”, sostivo Couto.

Desde o ano 2009, o nivel de execución en materia de rehabilitación na cidade de Lugo ascendeu a 1,2 millóns de euros “fronte ao investimento superior a un millón de euros no Concello de O Incio, con 1.600 habitantes, ou o preto de medio millón de Mondoñedo, con 3.600 habitantes, ambos os dous concellos gobernados polo PP”, comentou Miguel Couto.

Audio

  • O Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, sobre a visita A Tinería (I) | Descargar mp3 [1]
  • O Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, sobre a visita A Tinería (II) | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lara-mendez-colabora-co-proxecto-da-xunta-de-recuperacion-do-pazo-dona-urraca-co

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/251119_miguel_couto_-_visita_tineria_i.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/251119_miguel_couto_-_visita_tineria_ii.mp3