O Goberno continúa na súa aposta polo rural coa licitación da ampliación da rede de abastecemento ao núcleo do Vilar, en Adai

A Xunta de Goberno aprobou sacar a contrtación estas tarefas, cun prazo de execución de dous meses e un orzamento de 42.750 euros

Adxudicada a subministración de combustible para calefacción en dependencias municipais. Será por dous anos e o consutmo total anual estimado de gasóleo é de 65.000 litros para 14 instalacións

Xoves, 02 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores acordou sacar a licitación as obras de ampliación da rede de abastecemento ao núcleo de O Vilar, na parroquia de Adai, cun investimento de 42.750 euros.

Con estas tarefas, que terán un prazo de execución de dous meses, o Goberno continúa o seu esforzo polo rural, concretamente para levar este servizo público a núcleos e distintas parroquias, ao igual que se fixo en Meilán, en Orbazai ou Piúgos. Tal e como adelantou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, a intención é acometer estas tarefas tamén en Penarrubia e Conturiz, para posteriormente, dependendo da situación orzamentaria, seguir avanzando na posta en marcha deste servizo moi demandado por veciños e veciñas.

O anuncio de licitación publicarase no Boletín Oficial da Provincia, así como no perfil do contratante do Concello, na páxina web www.lugo.gal. O prazo de presentación de proposicións será de 26 días naturais contados dende a súa publicación no BOP.

Combustible para calefacción

Na sesión deste mércores adxudicouse subministración de combustible para calefacción de dependencias municipais  a Estacións de Servicios Guntín S.L., por un importe máximo anual de 40.000 euros. A adxudicación será por dous anos, prorrogable ata un máximo de catro.

As dependencias nas que se subministrá gasóleo son: Casa Consitorial, Centro de Servizos Municipais, Parque Móbil Municipal, Servizos Eléctricos Municipais, Biblioteca Municipal, Escola Infantil Fingoi nº2, Centro Social de Fingoi, Polideportivo da Piringalla, Pista de Atletismo As Pedreiras, Campo de Fútbol López Gorgoso, Casa do Deporte, Campo de fútbol das Gándaras, da Cheda e O Polvorín.

As entregas efectuaranse por conta da empresa adxudicataria nas dependencias municipais indicadas, nun prazo máximo de 48 horas, a partir da comunicación do pedido. O consumo total anual estimado de gasóleo de calefacción é de 65.000 litros.

Audios

Noticias relacionadas