Estas actuacións iniciais inclúen tarefas de inspección e limpeza dos colectores de saneamento, co obxectivo de avaliar o seu estado actual, garantindo así unha execución máis eficiente e segura das obras previstas neste ámbito.
“O obxectivo é contar cun diagnostico exhaustivo da situación antes de comezar o proceso de modernización integral desta contorna para que, unha vez inciada a obra, esta se execute da forma áxil e coa planificación necesaria sobre cada metro de actuación”, sinalou o rexedor.
Debido ás necesidades técnicas, prohibirase o estacionamento en toda a rúa durante os días 14, 15 e 16, se ben a medida que vaian finalizando os traballos nos distintos tramos da rúa, permitirase progresivamente o estacionamento habitual.
- Tema

O Concello de Lugo informa de que durante os días 14, 15 e 16 de xaneiro de 2026 levaranse a cabo traballos de comprobación do estado dos servizos de saneamento na Rúa Fermín Rivera, actuacións previas á execución das obras de mellora integral que se desenvolverán ao longo deste ano ao abeiro do convenio acordado coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Estas actuacións iniciais inclúen tarefas de inspección e limpeza dos colectores de saneamento, co obxectivo de avaliar o seu estado actual e planificar con rigor técnico as intervencións posteriores, garantindo así unha execución máis eficiente e segura das obras previstas neste ámbito. “O obxectivo é contar cun diagnostico exhaustivo da situación antes de comezar o proceso de modernización integral desta contorna para que, unha vez hincado os traballos, estes se execute da forma axil e coa planioficación necesaria”, sinalou o rexedor que apuntou a grande dimensión trasformadora do proexeto plantexado para este espazo.
En virtude destes traballos, elaborouse un plan de tráfico co obxectivo de a preservar tanto a seguridade dos operarios como a das persoas usuarias da área de influencia. Deste xeito, as actuacións afectarán a toda a Rúa Fermín Rivera, no tramo comprendido entre a Ponte Romana (estrada vella de Santiago) e a pasarela de San Lázaro.
Debido ás necesidades técnicas da inspección e limpeza dos colectores de saneamento, prohibirase o estacionamento en toda a rúa durante os días indicados. A brigada municipal de sinalización instalará, en ambas marxes da vía e no sentido da circulación, os valos correspondentes coa sinal R-307 (prohibida a parada e o estacionamento), así como a sinalización informativa necesaria.
A medida que vaian finalizando os traballos nos distintos tramos da rúa, permitirase progresivamente o estacionamento habitual, procedendo a empresa executora á retirada dos valos e da sinalización provisional en cada zona xa liberada.
Desde o Concello de Lugo agradécese a colaboración da veciñanza e das persoas usuarias da vía e lémbrase que estas actuacións forman parte dun proceso planificado de mellora do entorno urbano e fluvial da Rúa Fermín Rivera, que permitirá avanzar nunha intervención de maior alcance ao longo deste ano.

