O Goberno aproba as bases específicas para o acceso en propiedade a 39 prazas de emprego público do Concello

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou estas bases para distintas prazas pertencentes ao cadro de persoal funcionario ou laboral da entidade local en quenda libre ou de promoción interna

A licitación a contratación da subministración de pezas de vestiario de uniforme para a Policía Local por un importe total de 49.821,75 euros

Na sesión de hoxe, tamén se aprobaron as bases xerais reguladoras da concesión de subvencións para alugamento de vivendas en Lugo para o exercicio económico 2017, ás que se destinarán 150.000 euros

Mércores, 22 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno aproba as bases específicas para o acceso en propiedade a 39 prazas de emprego público do Concello

A Xunta de Goberno deste mércores vén de aprobar as bases específicas para o acceso en propiedade a un total de 39 prazas de emprego público pertencentes ao cadro de persoal funcionario ou laboral do Concello, segundo informou o Voceiro municipal, Miguel Fernández.

As prazas para as que se aprobaron as bases específicas son as seguintes:

  • Unha de técnico ou técnica no cadro de persoal funcionario en quenda libre.
  • Unha de axente de emprego e desenvolvemento local no cadro de persoal funcionario en quenda libre e en execución de sentenza.
  • Unha de técnico ou técnica media da área económica no cadro de persoal funcionario en quenda libre e en execución de sentenza.
  • Unha de técnico ou técnica media de xestión no cadro de persoal funcionario en quenda de promoción interna.
  • Oito de administrativo ou administrativa no cadro de persoal funcionario en quenda de promoción interna, seis delas incluídas na OPE de 2015 e dúas na de 2016.
  • Unha de delineante no cadro de persoal funcionario en quenda libre.
  • Unha de oficial lector ou lectora de contadores no cadro de persoal funcionario en quenda libre e reservada a persoas con diversidade funcional.
  • Tres de auxiliar administrativo ou administrativa no cadro de persoal funcionario en quenda libre, unha delas incluída na OPE de 2015 e dúas na de 2016.
  • Doce de bombeiros condutores ou condutoras no cadro de persoal funcionario en quenda libre, seis delas incluídas na OPE de 2015 e outras seis na de 2016.
  • Unha de oficial sepultureiro ou sepultureira no cadro de persoal funcionario en quenda de promoción interna.
  • Unha de axudante de cociña-limpeza no cadro de persoal funcionario en quenda libre e reservada a persoas con diversidade funcional intelectual.
  • Unha de celador ou celadora de colexio público no cadro de persoal funcionario en quenda libre e reservada a persoas con diversidade funcional.
  • Unha de oficial albanel no cadro de persoal laboral en quenda libre.
  • Unha de auxiliar do fogar no cadro de persoal laboral en quenda de consolidación de emprego temporal.
  • Unha de peón especialista no cadro de persoal laboral en quenda de consolidación de emprego temporal.
  • Catro de oficial maquinista fontaneiro ou fontaneira no cadro de persoal laboral en quenda de consolidación de emprego temporal.

Uniformes para a Policía Local

Na sesión deste mércores, aprobáronse os pregos e a apertura do procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de pezas de vestiario de uniforme para a Policía Local. O prezo de licitación é de 49.821,75 euros e establécense uns prazos de subministración da totalidade das pezas de vestiario de uniforme, así como as características da tea das prendas e outros compoñentes que teñen que reunir as mesmas.

Axudas para alugamento de vivendas

Outro dos acordos foi o de aprobación das bases xerais reguladoras da concesión de subvencións para alugamento de vivendas en Lugo para o exercicio económico 2017, ás que se destinarán un total de 150.000 euros, e que tramitará a Empresa Municipal da Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA). Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas arrendatarias de vivendas que vivan soas ou formen parte dunha unidade de convivencia, con contratos de arrendamento vixentes na data de peche do prazo de presentación de solicitudes.

Prórrogas de contratos

Tamén se acordou a primeira prórroga do contrato á empresa Monforte S.A. para a subministración mediante arrendamento sen opción de compra ou renting dun vehículo todoterreo para a área de Protección da Comunidade ata xaneiro de 2019 por un importe de 10.309,20 euros.

Ademais, prorrogouse o contrato para o servizo de colaboración co Concello para a asistencia xurídica e representación e defensa en xuízo coa empresa de Jose Manuel Roibás Vázquez ata marzo de 2018 por un importe que ascende a 7.235,80 euros.

Así mesmo, prorrogouse o contrato de mantemento do conxunto de aplicacións de xestión municipal TAO ata decembro de 2018 coa mercantil T-Systems ITC Iberia S.A.U. por un importe de 94.736,70 euros.

Outros acordos

Entre outros asuntos, tamén se adxudicou á mercantil Multienergia Verde S.L. o contrato de subministración de gas natural por un importen máximo anual de 425.864,79 euros e de acordo coa oferta presentada cunha porcentaxe de desconto dun 3% sobre o prezo publicado no BOE para a tarifa de último recurso 3.1 de gas natural e unha porcentaxe de desconto un 3% sobre o prezo publicado no BOE para a tarifa de último recurso de 3.2 de gas natural.

Tamén se autorizou a instalación dun posto de churrería na rúa Rodríguez Mourelo do 1 de decembro ata o 30 de abril, debendo pagar en concepto de taxa por ocupación da vía pública un importe de 2.790,48 euros.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o acceso en propiedade a 39 prazas de emprego público |  Descargar mp3

Noticias relacionadas