
Discusión en vía pública
Un indicativo do Grupo Operativo Nocturno que realizaba a patrulla preventiva pola rúa Camiño Real, observou que dúas mulleres discutían acaloradamente na vía pública, polo que interveñen de inmediato e sepáranas. Unha das mulleres manifesta residir nas inmediacións e que se dirixía a casa cando a outra lle cortou o paso pola beirarrúa, acusándoa de roubarlle diñeiro e outros efectos, comprobando os axentes que a outra muller só portaba o seu teléfono móbil e as chaves do domicilio.
Ante o estado de axitación da outra muller, que portaba un patinete, ofrecéuselle asistencia sanitaria, á cal renunciou, aínda que aceptou ser trasladada ata onde dixo residir, nunha zona próxima á Fonte dos Ranchos.
Minutos máis tarde recíbese requirimento sobre unha muller cun patinete causando danos nos vehículos estacionados na Rolda do Carme, polo que os axentes inspeccionan o lugar, sen achar ningún vehículo danado; localizando á muller fronte a un local de lecer nocturno da Rolda da Muralla, facéndose cargo dela varios amigos.
Presunto delicto de violencia de xénero e doméstica
Durante a mañá do domingo, a Sala do 092 recibe requirimento dunha muller que manifesta ser agredida pola súa parella, polo que se despraza ao lugar de inmediato un indicativo de Policía de Barrio. Os axentes son recibidos pola muller e polo home, e ambos coinciden en chegar a casa minutos antes e comezado unha discusión, durante a cal ambos se agrediron. Procédese á detención de ambos, que presentan lesións procedentes do incidente, polo que son trasladados a un centro sanitario e posteriormente a dependencias policiais para a instrución das correspondentes dilixencias.
Subtracción en varios establecementos
Ás 18.00 horas do sábado, cando un indicativo realizaba patrulla preventiva polo centro da cidade, os axentes son advertidos dun presunto furto nun establecemento próximo, sendo informados da descrición dos presuntos autores, unha parella cun can. Dicha parella é localizada nas inmediacións, comprobando que portaban dous xoguetes e un bolso. Realizadas as investigacións oportunas, os policías conseguen localizar a procedencia dos obxectos: un dos xoguetes pertence ao establecemento da persoa que deu a alerta, sito na rúa San Marcos; o outro xoguete, a outro establecemento desa mesma rúa; e o bolso, a un comercio da rúa da Raíña.
Durante a intervención, os axentes tamén reciben aviso sobre a subtracción dunha colonia nun establecemento próximo, coincidindo a descrición coa do home, aínda que devandito produto xa non se atopa entre as súas pertenzas; manifestando a muller de forma espontánea que ese tipo de mercadoría é de fácil e rápida venda.
Por todo o exposto, coa valoración efectuada de todos os produtos subtraídos, iníciase a instrución das correspondentes dilixencias.
Auxilio a cidadá
Durante a tarde do domingo, a Sala do 092 recibe información sobre unha anciá desorientada na Rolda de Fingoi, polo que se traslada ao lugar un indicativo de Policía de Barrio. A muller mostra un discurso incoherente, manifestando residir en varios puntos das cidade, aínda que, finalmente, os axentes pescudan que vive nunha residencia de anciáns, á cal é trasladada polos servizos sanitarios, que previamente foron requiridos para valorar o seu estado.
Rescate dun animal ferido
Na tarde do sábado, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio contactan cunha muller que di atopar un ave ferida no municipio de Outeiro de Rei, polo que a traslada ao Hospital Veterinario Rof Codina. Unha vez no lugar, o veterinario indica que, aparentemente trátase dun aguia rateira e que se atopa lesionada no costado esquerdo. O ave quedou no centro veterinario para o seu tratamento e coidado.

