O gasto medio do Concello por lucense ascende a 800€, mentres que o esforzo fiscal se mantén nos 600€

A Conta Xeral reflicte que a execución do orzamento do 2017 foi do 76%, porcentaxe que se sitúa na media dos concellos a nivel galego e nacional, aínda tendo en conta que se tratou dun presuposto prorrogado, polo que non puido executarse o capítulo de Investimentos ao non ter consignación

Luns, 21 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, presidiu este luns a Comisión de Contas na que se abordou a Conta Xeral do exercizo orzamentario do 2017, un presuposto que acadou unha execución do 76% no capítulo de gastos, unha porcentaxe que se sitúa na media dos concellos a nivel galego e nacional, segundo os datos oficiais publicados polo Ministerio de Facenda na súa páxina web. A execución foi do 83% no caso dos ingresos. Este documento técnico, que reflicte os estados contables do Concello, indica, como subliñou a Concelleira, que, cunha débeda financeira cero, o gasto por habitante efectuado polo Concello ascendeu a preto de 800€, mentres que o esforzo fiscal por habitante mantívose nos 600€ como nos exercizos anteriores do presente mandato.

A edil subliñou que son datos positivos, tendo en conta ademais que no 2017 estivo en vigor o orzamento prorrogado do ano anterior, trala negativa da oposición a apoialo, polo que non puido executarse o capítulo de Investimentos ao non ter consignación.

A Conta Xeral do 2017 pon de manifesto tamén que o Concello ten débeda financeira cero e cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, coa regra de gasto e co disposto no Plan Económico Financeiro que tivo que presentar para aprobar os orzamentos do 2018 tras incorporar remanentes para pagar as expropiacións do barrio do Carmen.

Audio

Noticias relacionadas