O Gabinete Municipal de Accesibilidade acorda instar á Xunta a ter en conta as condicións de accesibilidade no Camiño de Santiago

Esta decisión enmárcase na aposta do traballo municipal por acadar unha accesibilidade universal, pola igualdade de oportunidades, da dignidade das persoas e da autonomía da cidade, co fin de facela máis integradora

Xoves, 13 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Gabinete Municipal

O Gabinete Municipal de Accesibilidade acordou, nunha xuntanza celebrada este xoves na Sala de Xuntas do Centro de Servizos Municipais, instar á Xunta de Galicia a ter en conta as condicións de accesibilidade no Camiño de Santiago.

Así o informou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, tras o remate da reunión deste gabinete, que leva os últimos anos traballando coa finalidade de avanzar nunha cidade máis accesible.

Neste senso, a Concelleira deu conta que se acordou remitir ao departamento da Xunta responsable das obras no Camiño de Santiago, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que corrixa en todo o traxecto do Camiño de Santiago, ao seu paso polo municipio de Lugo, as carecinas en materia de accesibilidade para que todos e todas poidan gozar deste patrimonio.

Esta decisión enmárcase na aposta do traballo municipal por acadar unha accesibilidade universal, pola igualdade de oportunidades, da dignidade das persoas e da autonomía da cidade, co fin de facela máis integradora.

Noticias relacionadas