O Foro de Igualdade convoca a unha nova concentración non silenciosa contra a violencia machista, o martes 7, en Santo Domingo

O segundo acto, fronte ao árbore da vida, será ás 12.30 horas, coa lectura das definicións de feminicidio e violencia vicaria, e a lembranza das vítimas asasinadas neste 2025.

A presidenta do Foro e edil de Cohesión Social, Olga López Racamonde, di que con estas concentracións “sumámonos á condena a estes crimes, ás agresións sexuais e a violencia vicaria”.

 A vicepresidenta e edil de Muller e Igualdade, Ángeles Novo, invita a participar a toda a sociedade civil neste acto “para deixar de gardar silencio e alzar a voz fronte aos asasinatos machistas”.

Domingo, 05 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Foro de Igualdade convoca a unha nova concentración non silenciosa contra a violencia machista, o martes 7, en Santo Domingo

O Foro de Igualdade convoca unha nova concentración non silenciosa ante o árbore da vida de Santo Domingo, para o martes día 7 de outubro, coa que dar visibilidade á loita contra a violencia machista, e á que convidan a participar a toda a sociedade civil lucense. O acto terá lugar ás 12.30 horas, coa lectura das definicións de feminicidio e violencia vicaria, e a lembranza das vítimas asasinadas neste 2025, que na actualidade se elevan a 28 mulleres mortas a mans das súas parellas ou ex parellas, e tres menores asasinados pola violencia vicaria.

Todas estas vítimas serán lembradas ante a árbore da vida, tal e como acordou o Foro de Igualdade. Neste sentido, a súa presidenta, a edil Olga López Racamonde, explicou que “convidamos a toda a sociedade civil lucense a participar nesta nova concentración. É outra forma de demostrar o noso compromiso decidido na loita contra a violencia machista”. Pola súa banda a edil de Muller e Igualdade e vicepresidenta do citado foro, Ángeles Novo, lembrou que “todos os colectivos que integran o Foro de Igualdade e desde o Concello de Lugo queremos realizar este tipo de manifestacións para amosar a nosa condena inquebrantable ante os asasinatos machistas e a violencia que se exerce sobre as e os menores”.

Estas concentracións non silenciosas, convocadas polo Foro de Igualdade, responden a unha proposta inicial do Foro Feminista, un colectivo que integra o citado foro, presidido por López Racamonde e coa edil Ángeles Novo como vicepresidenta. Ademais, conta cun secretario e varios vogais en representación do Goberno Local e de todos os grupos políticos da Corporación Municipal. Está integrado por unha representante de: asociacións veciñais federadas e outra polas non federadas; das asociacións de persoas con discapacidade; Colexio de Enfermeria; Asociación de Mulleres Empresarias; a Unión de Asociacións Veciñais (unave); Secretariado da Muller do sindicato CC.OO; Secretariado da Muller do sindicato STEG; Secretariado da Muller do sindicato CIG; Secretariado da Muller do sindicato UXT; Fundacion Secretariado Gitano y APIG; Unions Agrarias-UPA; Aliad Ultreia; Asociación de Mulleres Rurais "A Landra"; Foro Feminista de Lugo e Asociación Gitana Phenjalipen.

Este colectivo conta como invitados e suplentes con representante das asociacións non gobernamentais de cooperación e desenvolvemento; Secretariado da Muller do sindicato CIG; Asociación de Mulleres Empresarias; Sindicato Labrego Galego; vogal polo Grupo Municipal do PP do Concello de Lugo; Colexio de Enfermeria; Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans; Plataforma Feminista de Lugo e Asociación Endometriosis.

Noticias relacionadas