O Executivo de Paula Alvarellos leva a cabo os últimos traballos de limpeza para a festividade de Todos os Santos

O Concello de Lugo intensificou as tarefas de mantemento no cemiterio municipal desde o 24 de outubro para ofrecer un espazo limpo e ordenado nesta data tan significativa.

O plan especial inclúe desbroce, baldeo e atención continua ás zonas principais para facilitar o acceso e as visitas da veciñanza.

"Queremos que cada persoa encontre o cemiterio atendido ata o último detalle para esta data tan importante", afirma Mauricio Repetto.

Martes, 29 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos leva a cabo os últimos traballos de limpeza para a festividade de Todos os Santos

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da concellería de Transición Ecolóxica, está a realizar os últimos traballos do plan especial de limpeza no cemiterio municipal para a festividade de Todos os Santos. Mauricio Repetto, responsable en funcións da área, puxo en valor o esforzo realizado: "Queremos que cada persoa encontre o cemiterio atendido ata o último detalle para esta data tan importante."

Desde o 16 de outubro, desenvolvéronse diversas actuacións que abranguen tanto o desbroce como o baldeo en puntos clave, co obxectivo de manter as instalacións en condicións óptimas para recibir as visitas. “Este dispositivo especial reflicte o compromiso do Goberno local coa conservación dos espazos públicos, demostrando o respecto e dedicación que esta festividade merece”, subliñou Repetto.

Entre o 16 e o 18 de outubro realizáronse os primeiros traballos de desbroce na Carretera Vella de Santiago e arredores do cemiterio, empregando dous tractores e catro operarios/as con desbrozadoras manuais e sopradores eléctricos. Posteriormente, desde o 24 de outubro, levouse a cabo unha limpeza profunda na entrada principal e na zona dos mirtos, coa participación de dous operarios e un vehículo eléctrico.

Actualmente, estase realizando un baldeo a alta presión de todos os pasillos do cemiterio, tanto na zona antiga como na nova, mediante unha máquina hidro limpiadora, e co apoio de tecnoloxía de vapor a presión (Vaporjet) no corredor central e entrada principal. O día 31, o dispositivo culminará cun baldeo mixto nas zonas duras e accesos principais, utilizando un camión cisterna.

Para garantir o mantemento diario do cemiterio, desde o 26 de outubro ata o 2 de novembro, dous peóns apoiados por un vehículo eléctrico están a traballar para que o espazo se manteña en óptimas condicións durante todas as xornadas de visitas. "Facemos un esforzo adicional nestas datas para que o cemiterio sexa un lugar de recoñecemento e tranquilidade para quen se achegue a honrar aos seus", engadiu Repetto.

Este plan especial de limpeza exemplifica o compromiso do Concello de Lugo en ofrecer un entorno limpo e digno para a festividade de Todos os Santos.

Audio

  • O edil, Mauricio Repetto, sobre o plan especial de limpeza no cemiterio municipal para a festividade de Todos os Santos | Descargar mp3

Multimedia

  • O Executivo de Paula Alvarellos leva a cabo os últimos traballos de limpeza para a festividade de Todos os Santos

Noticias relacionadas