O novo contrato, que comprende máis de 80 edificios e os Ceip do municipio, implica a renovación de toda a maquinaria, a contratación dun 17% máis de persoal e o aumento dun 34% das horas do servizo.
“O incremento os recursos económicos destinados a este fin traducirase nun maior nivel de aseo dos espazos públicos, algo que afecta de forma particular a colectivos como a infancia ou a nosa persoas maiores”, sinalou o edil de Transición Ecolóxica.
“Trátase dun dos grandes contratos desta Administración local que finalmente completa o seu proceso de adxudicación coa máxima garantía xurídica despois de que que a tramitación se vise retardada por varios recursos ante o Tacgal, que apoiou o criterio dos técnicos municipais”, explicou Repetto.

O Executivo de Paula Alvarellos adxudica o servizo de limpeza das dependencias municipais que supera os 10,7 millóns de euros de investimento durante os próximos 4 anos. O novo contrato, que comprende máis de 80 edificios e os Ceip do municipio, implica a renovación de toda a maquinaria, a contratación dun 17% máis de persoal e o aumento dun 34% das horas do servizo. “O incremento os recursos económicos destinados a este fin traducirase sen dúbida nun maior nivel de aseo dos espazos públicos municipais, algo que afecta de forma particular a colectivos como a infancia ou as nosas persoas maiores”, sinalou a este respecto Mauricio Repetto, edil de Transición Ecolóxica.
“Trátase dun dos grandes contratos desta Administración local que finalmente completa o seu proceso de adxudicación coa máxima garantía xurídica despois de que que a tramitación se vise retardada por varios recursos ante o Tacgal, que apoiou o criterio dos técnicos municipais”, explicou Repetto.
O novo servizo, que se adxudica á empresa Lacera Servicios y Mantenimientos por catro anos con opción a un exercicio máis de xeito prorrogable, inclúe a realización de limpezas habituais ou ordinarias (que son aquelas que teñen unha frecuencia diaria e superior á diaria pero inferior á semanal), limpezas programadas (tamén de execución diaria pero con menor nivel de esixencia ou dificultade técnica como limpezas de cristais, teitos e luminarias, etc) e limpezas extraordinarias para atender a aquelas necesidades imposibles de programar, como por exemplo as derivadas de feitos naturais como inundacións, temporais, etc.
“Contémplase ademais a realización dun máximo de 3.400 horas anuais para atender á execución de traballos a demanda, que son os considerados como por encima do previsto, a maiores da carga horaria mínima, e que se atopan motivados por necesidades extraordinarias e xeralmente imprevistas e ineludibles vinculadas a causas sobrevindas en calquera dependencia e por calquera motivo”, subliñou o edil.
En total serán máis de 80 inmobles que inclúen dotacións que entraron en funcionamento de xeito recente como o Coliving artísitco, o Edificio Impulso Verde, o Auditorio, Fuxan os Ventos o Centro de Benestar Poeta Aquilino Iglesia ou a Cloaca Romana. Ademais destes complexos o servizo será renovado en todos os Centros Educativos, incluídos os ceip’s, parvularios e garderías municipais e o Parque Infantil de Tráfico.
Tamén nas dependencias de Servizos Sociais, nas que se atopan, alén dos centros cívicos e resto de actividades coas que comparten dependencias - como o Centro de Día Antonio Gandoy (no Maruja Mallo) ou Evislusa (no Uxío Novoneyra) -, as naves de Frigsa e a Ocioteca, os locais sociais de Trapero Pardo e Díaz Castro, o Telecentro e Punto de Información Xuvenil, as Casas das Linguas (María Balteira e Estrada da Granxa), a Casa Domótica, as Casas Clara Campoamor e María mariño e o Centro de Convivencia Paco Martín.
Así mesmo, todas as dependencias para actividades deportivas, como os polideportivos, os pavillóns e campos de fútbol municipais, pistas de atletismo e os baños da pista de vehículos teledirixidos de Frigsa. Por último se inclúen as dotacións culturais, como a Biblioteca, a Casa da Xuventude, os Museos, a Casa da Música ou o Vello Cárcere e Novas Tecnoloxías, entre outros, ou dependencias de economía e servizos, como a Casa Consistorial, o edificio de servizos administrativos, a Policía Local, o Parque de Bombeiros, o parque móbil municipal, o CEI ou o Centro de Saúde de Nadela.
Audio
- O Executivo de Paula Alvarellos, sobre a adxudicación do servizo de limpeza| Descargar mp3

