O Executivo de Miguel Fernández aproba en Xunta de Goberno a adquisición de dúas parcelas no Castiñeiro para favorecer a dispersión de vivenda de protección na cidade

Para acadar a titularidade destes terreos sitos na rúa Ramón Piñeiro o Goberno local cederá á Xunta seis parcelas distribuidas ao longo de varias zonas da urbe e que foron seleccionadas polo ente autonómico dunha listaxe elaborada polos técnicos municipais.

Trátase de 3 parcelas situadas no Polígono 4 da avanida Infata Elena, unha parcela en Paradai de Arrriba, outra en rúa Illa Coelleira e unha última situada na intersección da rúa Ángelo Colocci coa rúa Lavandeira.

“Este acordo permitenos atender as demandas veciñais e evidencia a nosa disposición a traballar de xeito colaborativo co Goberno autonómico na procura de que a Xunta revirta o grave déficit de vivenda pública que sufrimos na nosa cidade”, sinalou.

Luns, 17 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Miguel Fernández aproba en Xunta de Goberno a adquisición de dúas parcelas no Castiñeiro para favorecer a dispersión de vivenda de protección na cidade

O Executivo de Miguel Fernández aprobará na Xunta de Goberno local que se celebra o próximo mércores o convenio que permitirá adquirir a titularidade de dúas parcelas propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo no barrio do Castiñeiro. O obxectivo deste acordo co Goberno autonómico é evitar a concentración de vivenda  de protección nesta zona da cidade na procura dun modelo que distribúa este tipo de vivenda por toda a trama urbana.

“Esta negociación permitenos atender as demandas veciñais e evidencia a nosa disposición a traballar de xeito colaborativo co Goberno autonómico na procura de que a Xunta revirta o grave déficit de vivenda pública que sufrimos na nosa cidade e atenda así a longa listaxe de lucenses demandatesda mesma. O nosa vontade é seguir a traballar coa determinación precisa para acadar que Lugo prospere”, sinalou a este respecto o alcalde.

Para a adquisición destes terreos sitos na rúa Ramón Piñeiro o Goberno local cederá un total de seis parcelas distribuidas ao longo de varias zonas da cidade e que foron seleccionadas polo ente autonómico dunha extensa listaxe elaborada polos técnicos municipais. Deste modo, e coa vontade de facilitar a edificación de vivienda protexida, o Concello cede 3 parcelas situadas no Polígono 4 da avanida Infata Elena, unha parcela en Paradai de arrriba, outra en rúa Illa Coelleira e unha última situada na intersección da rúa Ángelo Colocci coa rúa Lavandeira.

O conxunto da edificacibilidade destas seis parcelas é similar ao aproveitamento dos terreos que se adquirirán no Castiñeiro. Ademáis, e segundo resulta dos informes técnicos de valoración emitidos pola arquitecta municipal e pola arquitecta do IGVS, o valor económico das parcelas municipais ascende a 4.788.919,08 de euros, e o das parcelas do IGVS ascende a 4.730.235,96 de euros. A diferencia do valor entre os bens municipais e os do IGVS é de 58.683,12 euros, cantidade que o IGVS se compromete a abonar ao Concello de Lugo.

“É preciso garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna, especialmente para os sectores con menos capacidade económica, como pode ser parte da nosa mocidade. É necesario que o Goberno autómico asuma as súas comeptencias e revirta o actual déficit de vivienda pública en Lugo tras 15 anos de parálise. E é preciso ademais que o faga realizando un uso do solo de acordo co interese xeral, erradicando a especulación e actuando como elemento de regulación do mercado inmobiliario e de mellora da calidade ambiental”, explicou Fernández.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre o barrio do Castiñeiro | Descargar mp3

Multimedia

  • O Executivo de Miguel Fernández aproba en Xunta de Goberno a adquisición de dúas parcelas no Castiñeiro para favorecer a dispersión de vivenda de protección na cidade

Noticias relacionadas