O Executivo de Lara Méndez apoia con 166.000 euros de achegas municipais aos clubs deportivos da cidade

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxediversas subvencións nominativaspara favorecer a continuidade do labor que desenvolven estas entidades.

Mércores, 24 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Lara Méndez apoia con 166.000 euros de achegas municipais aos clubs deportivos da cidade

O Executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes que dirixe Mauricio Repetto,apoiará este ano con 166.000 euros o labor que desenvolven diferentes clubs da cidade.

Así, a Xunta de Goberno Local autorizou, na sesión celebrada hoxe, a adxudicación - polo procedemento de concesión directa mediante convenio - dun total de 5 achegas económicas ao Ensino C.B, ao Estudiantes C.B, ao Triatlón Cidade de Lugo, á Escudería Miño e ao Club Natación Porta Miñá.

O concelleiroresponsable da área indicou que “estas axudas teñen, dentro do seu cometido, a promoción e impulso da práctica deportiva na cidade ao tempo que se constitúen como unha fonte de recursos primordial para moitas entidades e asociacións que operan neste ámbito, posibilitando, así, a continuidade do seu labor. Un traballo fundamental – engadiu Mauricio Repetto- que resulta imprescindible para darlle proxección ao talento local e que nestes momentos precisa atopar a man tendida das administracións para facer fronte, como tantos outros sectores, á complexa situación socioeconómica que vivimos”, concluíu o edil.

Noticias relacionadas