O día 28 de abril celébrase o I Campionato Guecho Skate Battle de Lugo

Luns, 23 de abril de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentaron o I Campionato Guecho Skate Battle que se celebra o próximo sábado 28 na praza do Castiñeiro.

Díaz Grandío salientou que “tratase de dar oportunidades a actividade vinculadas ao mundo do skate e do graffiti, e que ademais conta con moitos practicantes en Lugo. Esta é unha maneira máis de apoiar á estrutura organizativa deste deporte que cada vez se consolida máis na nosa cidade e debemos apostar por estas actividades alternativas.”

As actividades darán comezo ás 11 da mañá cunha sesión de entrenamentos libres, as 12 horas iníciase a eliminatoria da categoría sub-16. Pola tarde, ás 16 horas comeza a eliminatoria da categoría open (maiores de 16 anos) que durará ata as 18 horas. Durante todo o día haberá diferentes actividades como exhibición de graffitis, música e numerosas sorpresas. Para inscribirse ou obter máis información na web www.thecrazyguecho.com .

II Campus Arsenal Soccer Schools
Tamén se presentou o II Campus de Arsenal Soccer Schools España que se vai celebrar por segundo ano consecutivo en Lugo, entre os días 25 de xuño e o 29 de xuño. O Campus desenvolveranse nas instalacións de O Palomar, no Campo Municipal de A Cheda (sede da SDC Residencia), e está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos. Esta é a segunda vez que Arsenal Soccer Schools organiza un campus de verán en Galicia, e o fai en Lugo coa colaboración da SDC Residencia, club creado en 1967 e que conta con máis de 300 xogadores repartidos entre todas as categorías, sendo na actualidade o club de Lugo que máis xogadores abarca.

A actividade, completamente mixta, incorpora ademais a práctica do inglés dunha maneira novidosa e estimulante, xa que os entrenadores impartirán as instrucións e ordes nese idioma, apoiando aos participantes para que o empreguen. Os participantes recibirán sesións de adestramento en horario de 9 a 13 horas.

A información sobre o Campus está dispoñible nos tfnos. 984195070 ou 684602565, na web www.arsenalschoolspain.com ou en info@anglosport.com

O prezo por participante será de 260 euros que inclúe 4 horas diarias de adestramento, snack durante as sesións, equipación da escola do Arsenal formado por camiseta, pantalón e medias, seguro de accidentes e responsabilidade civil e sorteo de agasallos o día da clausura.

Multimedia

Noticias relacionadas