- Tema
Venres, 14 de febreiro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

Este domingo, 16 de febreiro, terá lugar a segunda proba do Corre con Nós.
Nesta ocasión o traxecto discorrerá pola estrada do Paseo do Rato, onde a partir das 12 horas, se darán cita as máis de 2.300 persoas inscritas na competición.
As saídas e chegadas serán no mesmo lugar, no comezo da estrada do Río Rato no cruzamento coa Tolda de Castela, segundo a seguinte orde:
- 12:00 horas. CATEGORÍA MINI (entre 5 e 7 anos ): 400 mt
- 12:10 horas. SUB10 / SUB12 (8,9,10,11 anos ): 800 mt
- 12:20 horas. SUB14 / SUB16 (12,13,14,15 anos ): 2.000 mt
- 12:40 horas. ADULTOS ( 2001 e Anteriores): 5900 mt
Toda a información da carreira está dispoñible na web do circuíto: http://correconnos.com/pages/web/portada