Desde o anuncio da posta en marcha do servizo, hai dúas semanas, máis de 250 persoas solicitaron a tarxeta necesaria para poder utilizalo
A área de Transición Ecolóxica, que dirixe Miguel Fernández, instalou en menos de tres días os 100 colectores da primeira fase, situados na zona sur, e traballa na montaxe de 4 compostadores colectivos localizados en puntos estratéxicos da cidade.
“Temos que celebrar esta gran resposta, que amosa a efectividade do traballo de concienciación que fixemos dende o Goberno local. O aumento do compromiso medioambiental contribúe a unha cidade máis limpa, mellor coidada, e cunha maior calidade ambiental”, destaca o edil.
- Tema

O servizo do contedor marrón, impulsado polo Executivo de Paula Alvarellos por medio da Área de Transición Ecolóxica que dirixe Miguel Fernández, entra hoxe en funcionamento cunha alta demanda de participación da veciñanza. Desde o inicio da súa posta en marcha, hai dúas semanas, un total de 229 persoas solicitaron a tarxeta necesaria para poder usalo, mentres que un total de 28 veciños e veciñas optaron pola opción de incorporar un chip á súa Tarxeta Cidadá.
O edil congratúlase “pola gran resposta dos lucenses e as Llcenses, que amosa a efectividade do traballo de concienciación que fixemos dende o Goberno local. O aumento do compromiso medioambiental entre a poboación e unha moi boa nova porque contribúe substancialmente a ter unha cidade máis limpa, mellor coidada, e cunha maior calidade ambiental”.
Fernández, que ven de recoller esta semana a Escoba de Platino pola renovación do servizo de recollida de RSU, limpeza viaria e xestión do punto limpo impulsada polo executivo de Paula Alvarellos, apunta que “todo este proceso de transformación e mellora que estamos a acometer ten unha repercusión destacable sobre a nosa calidade de vida. A instalación desta nova infraestrutura vainos permitir incorporar un novo ciclo de reciclaxe que vai contribuír dunha forma importante a conservar o noso medio e a consolidar o modelo de concello sostible que estamos a desenvolver”.
O equipo de traballo do servizo de limpeza e recollida de residuos instalou os 100 colectores da primeira fase, localizados na zona sur de Lugo, en menos dunha semana. Estas unidades de carga lateral e con apertura electrónica mediante tarxeta, teñen unha capacidade de 1800 litros.
Aquelas persoas interesadas en utilizar o contedor marrón poderán solicitar a tarxeta necesaria para este servizo ou a adaptación da Tarxeta Cidadá. Para efectuar esta xestión, gratuíta e inmediata, poden acudir á oficina de EcoLugo situada na Rúa Clérigos ou contactar co teléfono gratuíto de información: 900909671.
A primeira fase, na que tamén se instalarán 4 compostadores colectivos, que irán situados en nas inmediacións do IES San Xiao, no Paseo dos Estudantes, na Fonte dos Ranchos e nas inmediacións da Praza do Agro do Rolo, permitirá calibrar o funcionamento do servizo, grazas á achega de información que se realizará mentres dure, o que permitirá extrapolar os datos para optimizar o sistema en toda a cidade. Ademais, posteriormente, a rede será completada por 800 compostadores individuais na zona rural, e cuxo número responde os cocientes de poboación fixados para este tipo de instalacións.
Encontros informativos coa veciñanza e as empresas
Unha vez rematada a campaña divulgativa desenvolvida nas rúas, o concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, manterá nas próximas semanas unha serie de reunións co tecido veciñal para informar do sistema. Igualmente levará a cabo un encontro con empresas para informarlles da opción de equipar as súas instalacións cun dos 400 compostadores de 360 litros para grandes xeradores, destinados a exclusivamente a firmas que desexen adherirse a esta rede.
Proceso de tratamento dos residuos
Toda a materia orgánica recollida nos colectores será depositada na planta de transferencia de que ten Sogama no Polígono de O Ceao. A xestora realizará a recollida de restos orgánicos a diario e logo calibrará o calendario en función das necesidades suscitadas e da demanda que reciba o servizo.
Audio
- O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, sobre o contedor marrón | Descargar mp3


