O Concello saca a contratación a produción de espectáculos e concertos no Arde Lvcvs, que terá lugar o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo

O valor estimado do contrato ascende a 39.100 euros. O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no BOP

Entre outros asuntos, aprobouse prorrogar a explotación da cafetería anexa aO CEI-NODUS ata o 15 de abril de 2018, sendo o importe do canon a satisfacer ao Concello de 908 mensuais

Mércores, 03 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno celebrada este mércores aprobou os pregos de prescricións técnicas e de claúsulas administrativas para a contratación da produción de espectáculos e concertos do Arde Lvcvs 2017, que terá lugar o 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo. Tal e como explicou o voceiro municipal, Miguel Fernández, dita contratación realizarase por lotes. O primeiro, de escenarios, estruturas, gradas e elementos auxiliares, por 20.500 euros, o segundo, de producción de espectáculos na Praza de Santa María e no pavillón, por 14.200 euros; e un terceiro, de animación de rúa, por 12.500 euros. En total, o valor estimado do contrato ascende a uns 39.100 euros.

O Concello publicará un anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia, así como no perfil do contratante, na web www.lugo.gal. O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no BOP.

Prórroga da cafetería do CEI-NODUS
Entre outros asuntos, aprobouse prorrogar a explotación da cafetería anexa ao Centro de Empresas e Innovación, CEI-NODUS, ata o 15 de abril de 2018, sendo o importe do canon a satisfacer ao Concello de 908 mensuais.

Por outra banda, a Xunta de Goberno deu conta da listaxe de reclamacións e suxestións presentadas no Concello de Lugo dende os últimos informes, correspondentes a febreiro e marzo. Neste período recibíronse 43 reclamacións e 8 suxestións.

Ademais, na sesión deste mércores, designouse ao Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, para formar parte da Comisión de Escolarización en representación do Concello.

Noticias relacionadas