O Concello reduce a 7 días o tempo de pago a proveedores segundo a fórmula da Xunta para facer este cálculo

Xoves, 03 de abril de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As transferencias da Xunta e o Estado ó Concello de Lugo experimentan unha brutal caída dende 2011, o que provoca o descenso no investimento amortiguado só polas achegas municipais, da Deputación e da Unión Europea
 
O Concello de Lugo só tarda 7 días en pagar ós proveedores se o cálculo se fai empregando a fórmula que está a utilizar a Xunta de Galicia coa que o Goberno galego alardea de que atende os pagos de facturas nun prazo de 30 días.

Este dato quedou de manifesto hoxe na Comisión de Contas, na que tamén se puxo de manifesto que o Concello tiña pendentes de pagar facturas por importe de 2,7 millóns de euros a 31 de decembro, e non 13 millóns como dixo Jaime Castiñeira, pese a que os servizos municipais lle advertiron de que o documento do que obtivo o dato contiña erros polo que estaba sendo verificado.

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicou, logo da reunión da Comisión de Contas, que o Concello de Lugo non está conforme co mecanismo que emprega a Xunta para calcular o tempo de pago ós proveedores, xa que o Goberno de Galicia contabiliza o tempo transcorrido non dende o momento de presentación da factura senón dende o data do decreto de aprobación da factura.

 “O Goberno local considera ficticia esta forma de computar o período de pago e nós o que queremos é que os proveedores cobren realmente rápido”, salientou a Concelleira de Economía e explicou que “por iso, tomamos distintas medidas e, dende hai dous meses, a Tesourería municipal traballou na redacción dunha instrucción para aplicar a partir do segundo trimestre do ano, neste mes de abril e, por este motivo, se ditou unha instrución ós servizos municipais para axilizar os tempos de pago dende o momento do rexistro da factura”.

Na Comisión de Contas tamén quedou claro que, a 31 de decembro, o Concello tiña pendentes de pagar 2,7 millóns de euros correspondentes a 438 facturas. Esta é a cifra real e non os 13 millóns de euros que difundiu o martes Jaime Castiñeira, a pesar de que os servizos municipais lle advertiron de que o documento que consultou, sen telo solicitado seguindo os cauces regulamentarios, contiña erros e que se estaba verificando.  Por este motivo, a Concelleira de Economía considera que "nunca poderá ser Alcalde de Lugo unha persoa tan imprudente e irresponsable".
Ademais, Sonia Méndez informou de que na Comisión de Contas tamén se tratou da liquidación correspondente a 2013, exercizo que o Concello de Lugo pechou cun superávit de 9 millóns de euros.

O resultado do ano foi de 82 millóns de euros de gastos e uns infresos de 84 millóns de euros. Este equilibro demostra a acertada e prudente previsión dos Orzamentos municipais. Neste sentido, Méndez salientou que no referido a impostos directos a liquidación acadou o 96% do previsto e no caso das taxas a liquidación foi do 94%.

“Foi unha previsión atinada no referido a ingresos tributarios pero non podemos dicir o mesmo no caso das transferencias do Estado e da Xunta”, salientou Méndez que “por primeira vez estou dacordo con Castiñeira, xa que as subvencións procedentes de administracións gobernadas polo PP estiveron moi lonxe das de anos nos que non gobernaba o PP senón un partido menos sectario”.

Por este motivo, explicou Sonia Méndez , a brutal diminución de subvencións da Xunta e o Estado ó Concello de Lugo é a causa de que non se puideran executar o ano pasado investimentos previstos polo Concello en proxectos como accesibilidade ou a construcción de naves no Ceao, xa que o financiamento municipal estaba condicionado ás achegas desas administracións.

Así, a Concelleira de Economía detallou que no ano 2011 as transferencias ingresadas polo Estado ó Concello de Lugo ascenderon a 4.500.000 euros e no ano 2013 reducíronse a 1.200.000 euros.

No caso da Xunta, no ano 2009, último exercizo de Goberno bipartito, as transferencias ó Concello de Lugo foron de 1.800.000 euros; no ano 2011, xa con Feijóo na presidencia, baixaron a 605.000 euros e en 2013 aínda se reduciron máis para quedar en 374.000 euros.

Sonia Méndez atribuiu este brutal descenso nas aportacións da Xunta e o Estado “á falta de compromiso do Partido Popular con Lugo”. De feito, estas cifras non resisten comparación coas achegas que aportabn outras administracións, xa que a Unión Europea aportoulle ó Concello de Lugo 1.700.00 euros para investimtos en 2013 e a Deputación provincial, 977.000 euros, o triple que a Xunta.

Multimedia

Noticias relacionadas