O Concello organiza unha charla para que os emprendedores saiban cómo poden optar a contratos coas administracións

A Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Rosana Rielo, organiza para este xoves, día 14, unha xornada sobre Contratos coas Administracións Públicas, que se vai celebrar no atendendo unha proposta de empresas instaladas no CEI-Nodus e á que están convidados todos os emprendedores que desexen participar nela

Martes, 12 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

No acto, que terá lugar a partir das 16.00 horas no CEI, o técnico municipal Manuel Louzao desenvolverá unha ponencia na que explicará ós empresarios e emprendedores interesados os procedementos que se seguen nas administracións públicas para a contratación de obras e servizos.

Esta charla ten por obxecto informar ós emprendedores das distintas posibilidades que teñen para optar a contratos que convocan as institucións e dos requisitos de obrigado cumprimento para acceder ás adxudicacións públicas.

Noticias relacionadas