O Concello organiza obradoiros para fomentar o emprendemento en resposta ás peticións veciñais dos Orzamentos Participativos

Ana Prieto avanzou este martes as actividades, dirixidas a mozos e mozas, a mulleres emprendedoras e a desempregados en xeral, que terán lugar os días 9 e 20 de novembro e o 18 de decembro no CEI-NODUS

Martes, 20 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, deu a coñecer este martes os novos obradoiros gratuítos, dirixidos a mozos e mozas, a mulleres emprendedoras e a desempregados en xeral, que organiza o Concello no CEI-NODUS a partir do 9 de novembro para fomentar o emprendemento, en resposta ás peticións veciñais dos Orzamentos Participativos. Coa organización destas actividades, que levan o nome de A Aventura de Diana: Emprendendo e Innovando Contra Vento e Marea, “tentamos cubrir parte das necesidades formativas e informativas de todo aquel que desexe emprender e activar a economía luguesa, ao tempo que damos resposta ás demandas que nos fixeron os veciños e veciñas nos Orzamentos Participativos”, subliñou a edil. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos lucenses, que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.

Prieto destacou o “profundo compromiso que o Concello ten co desenvolvemento de políticas dirixidas a reactivar o mercado laboral e á creación de emprego, un dos piares fundamentais da nosa acción de goberno”, ao tempo que lembrou que o Concello vén de rematar un plan no que máis de 500 persoas se formaron en profesións cun alto grao de inserción laboral, como atención sociosanitaria, turismo ou restauración. Así mesmo, Prieto referiuse aos dous programas de inserción laboral que a entidade local ten en marcha: o obradoiro de emprego Cultur@ Lvcvs, con 23 beneficiarios, e o programa Lucus Mundi, con 45 participantes.

A Concelleira tamén quixo destacar o papel dos emprendedores, “plataforma de vertebración e progreso da sociedade lucense”, e puxo en valor o traballo que se leva a cabo no CEI-NODUS, do que saíron unhas 70 empresas dende a súa posta en marcha.

3 talleres cun marcado fin didáctico 

O Concello organiza 3 talleres os días 9 e 20 de novembro, ás 11:00 e 16:00 horas, respectivamente, e o 18 de decembro, ás 11:00 horas, para fomentar e capacitar a innovación e o emprendemento dos lucenses. Nacho Villoch, experto en innovación e emprendemento, será o encargado de impartir estes talleres cun marcado fin didáctico, que baixo o título A Aventura de Diana: Emprendendo e Innovando contra vento y marea, recolle máis de 60 conceptos, referencias, ferramentas e aprendizaxes sobre innovación e emprendemento, baseándose nunha novela orientada a asesorar aos emprendedores. A través dun storytelling, Villoch narra unha viaxe de exploración e descubrimento coas vicisitudes que todo emprendedor atopará no seu proxecto.

Audio

  • Ana Prieto, sobre as actividades de fomento do emprendemento|Descargar mp3

Noticias relacionadas