O Concello iniciará este mes as obras de mellora do saneamento e abastecemento da Avenida de Garabolos

Manuel Núñez subliñou que esta demandada actuación, que conta cun orzamento de máis de 33.000 euros, contribuirá a modernizar as instalacións desta populosa  zona da cidade

Martes, 04 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, por medio da Concellería de Educación e Infraestructuras Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, ten previsto comezar as obras de mellora dos servizos de saneamento e abastecemento da Avenida de Garabolos a partir do vindeiro 10 de abril. As actuacións, unhas das máis demandadas pola veciñanza, segundo subliñou o concelleiro, contan cun orzamento de 33.101,66 euros e o prazo de execución é de dous meses.

As obras constitúen a primeira das fases da adecuación integral da avenida, e nela desenrolaranse as actuacións máis urxentes para modernizar as instalacións desta populosa zona da cidade. Así, os traballos consistirán na renovación das redes de abastecemento e saneamento que discorren pola beirarrúa da Avenida de Garabolos, no tramo correspondente ao fronte dos edificios número 5, 7 e 9, a execución da obra civil necesaria para o soterramento do cableado do alumeado público, e a demolición e reposición do pavimento.

No caso do abastecemento, substituiranse os tubos de PVC existentes por uns de fundición dúctil, instalaranse novas chaves de paso, bocas de rego e incendio e renovaranse as acometidas. Así mesmo, renovarase a canalización de saneamento existente, que está a producir filtracións, executando un colector de PVC, cos correspondentes pozos de rexistro e renovación de acometidas.

Audio

  • Manuel Núñez sobre as Avenida de Garabolos  | Descargar mp3

Noticias relacionadas