O Concello imparte un curso sobre a loita contra os incendios urbanos e forestais

Mércores, 21 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dentro do programa de actividades do Área de Protección da Comunidade do Concello de Lugo e en colaboración coa Academia Seguridade Pública de Galicia, da Consellería de Presidencia , Administraccións Públicas e Xustiza e para a formación do persoal voluntario de protección civil desenvolverase dende hoxe, mércores 21 de maio ata o sábado 31, un curso teórico-práctico de segundo nivel de loita contra incendios urbanos e forestais.

O curso ten un total de 40 horas de duración, en horario de 20:00 a 22:30 horas de luns a venres , e sábado de mañá e tarde .

Este curso para trinta e cinco alumnos, impártese nas dependencias do Aula de Formación de Protección Civil, no edificio da Policía Local , na Praza da Constitución. Con carácter anual, comeza a formación neste ano, que se complementará con cursos de especialización (accidentes na estrada, procura de persoas desaparecidas, etc.)

As prácticas realizaranse no Parque Municipal de Bombeiros (antigüo cuartel de Garabolos), o sábado día 13, de 10:00 ás 14:00 horas con exercicios con lume real.

O curso impárteo persoal técnico de Bombeiros de Lugo, de distintas Consellerías e departamentos da Xunta de Galicia e do servizo 061.
É o quinto curso destas características que se organiza a iniciativa do Concello e permitiu a formación de 89 voluntarios de Lugo e 60 doutros Concellos.

Noticias relacionadas