
O Concello de Lugo vén de habilitar unha varanda de protección na Praza do Castiñeiro, coa rúa Lamas de Prado, coa que queda garantizada a seguridade dos nenos e nenas que usan este espazo a diario para xogar.
As tarefas, cun orzamento duns 5.000 euros, permiten protexer esta praza, punto de encontro matinal de cativos e cativas da contorna, e responde a unha petición plantexada nos Orzamentos Participativos, recibindo no proceso de votación 68 votos. Esta varanda tamén permite o paso seguro dos peóns pola beirrarúa.
Os traballos consistiron na colocación duns 40 metros de varanda nesta praza, que conta cunha importante presencia infantil e xuvenil, cun centro de ensino nas inmediacións e un parque de xogos infantís, sendo ademais a rúa adxacente unha vía con moita circulación de automóbiles.
Audio
- O edil Miguel Núñez sobre o valado da Praza do Castiñeiro | Descargar mp3