Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello habilita unha varanda na Praza do Castiñeiro para reforzar a seguridade dos nenos e nenas que cada tarde se reúnen neste espazo a xogar

O Concello habilita unha varanda na Praza do Castiñeiro para reforzar a seguridade dos nenos e nenas que cada tarde se reúnen neste espazo a xogar

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Martes, 21 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello habilita unha varanda na Praza do Castiñeiro para reforzar a seguridade dos nenos e nenas que cada tarde se reúnen neste espazo a xogar

O Concello de Lugo vén de habilitar unha varanda de protección na Praza do Castiñeiro, coa rúa Lamas de Prado, coa que queda garantizada a seguridade dos nenos e nenas que usan este espazo a diario para xogar.

As tarefas, cun orzamento duns 5.000 euros, permiten protexer esta praza, punto de encontro matinal de cativos e cativas da contorna, e responde a unha petición plantexada nos Orzamentos Participativos, recibindo no proceso de votación 68 votos. Esta varanda tamén permite o paso seguro dos peóns pola beirrarúa.

Os traballos consistiron na colocación duns 40 metros de varanda nesta praza, que conta cunha importante presencia infantil e xuvenil, cun centro de ensino nas inmediacións e un parque de xogos infantís, sendo ademais a rúa adxacente unha vía con moita circulación de automóbiles.

Audio

  • O edil Miguel Núñez sobre o valado da Praza do Castiñeiro | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-habilita-unha-varanda-na-praza-do-castineiro-para-reforzar-seguridade-dos-nenos-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210519_nunhez_valadoprazadocastinheiro.mp3