O Concello habilita un espazo de acopio de materiais na Ronda para para facilitar a finalización das obras da Rúa do Teatro

O vindeiro luns, 28 de abril, procederase ao corte provisional do carril esquerdo da Ronda da Muralla, no tramo comprendido entre Nicomedes Pastor Díaz e a Rúa Castelao.

Esta medida permitirá dispoñer do material a menor distancia da obra, reducindo riscos de interferencia entre maquinaria e peóns, e mellorando a seguridade e a axilidade dos traballos.

Venres, 25 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello habilita un espazo de acopio de materiais na Ronda para para facilitar a finalización das obras da Rúa do Teatro

O Concello de Lugo informa de que, a partir do vindeiro luns 28 de abril, procederase ao corte provisional do carril esquerdo da Ronda da Muralla, nun pequeno tramo comprendido entre Nicomedes Pastor Díaz e a Rúa Castelao, co obxectivo de habilitar unha zona de acopio de materiais necesaria para avanzar nas obras de peonalización da Rúa do Teatro, enmarcadas no proxecto "Corazón Verde entre Murallas: Praza de Santo Domingo e Rúa Teatro".

As obras entran na súa recta final e, nos próximos días, comezarase a actuar nun novo carril da Rúa do Teatro. Para facilitar e axilizar esta intervención, o Concello atendeu a solicitude da empresa adxudicataria de reservar unha zona próxima á actuación para o almacenamento de materiais. Esta medida permitirá dispoñer do material a menor distancia da obra, evitando a circulación de vehículos pesados sobre o novo pavimento, reducindo riscos de interferencia entre maquinaria e peóns, e mellorando a seguridade e o rendemento dos traballos. Ademais, contribuirá a liberar a Praza de Santo Domingo dos actuais acopios.

O corte afectará un pequeno tramo da Ronda da Muralla que conta con tres carrís, mantendo dous operativos: o da dereita, para descenso cara á Rúa Castelao; e o central, que pasará a funcionar temporalmente como carril esquerdo, permitindo continuar de fronte ou acceder ao centro histórico a través da Rúa do Teatro e a Praza de Santo Domingo. Este corte manterase, previsiblemente, ata a finalización prevista da obra, o 15 de xuño.

O Concello lembra que o acceso ao centro histórico continúa limitado a aparcadoiros de uso público, residentes e vehículos autorizados, e lamenta as molestias que esta medida poida ocasionar, agradecendo a comprensión e colaboración da veciñanza mentres se avanza cara a un espazo máis amable, accesible e sostible para todas e todos.

Multimedia

  • O Concello habilita un espazo de acopio de materiais na Ronda para para facilitar a finalización das obras da Rúa do Teatro

Noticias relacionadas