O Concello de Lugo seleccionado para participar nun Congreso Nacional sobre Estratexia Europea de Emprego

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo a través do seu proxecto Lugo Abrindo Camiños, que puxo en marcha a Concellería de Emprego, que dirixe Sonia Méndez, foi elexido para participar na Xornada Estrategia Europea Empleo, marco para el desarrollo local que tivo lugar hoxe en Santander, debido á forte aposta que este Goberno Local está a facer polo emprego e a formación.

A técnico da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo, Isabel Villamor, presentou ós asistentes á conferencia “Proyecto de fomento y apoyo a las iniciativas de desarrollo local. EJE 8 Subvención Global: Lugo abriendo caminos”.

O Concello de Lugo aportou así a súa experiencia con este proxecto que se desenvolveu ó longo de tres anos e medio e con el beneficiáronse un total de 585 persoas. O orzamento das tres edicións ascendeu a 4.844.536 euros, dos cales o 70% estivo financiado polo Fondo Social Europeo. Ao remate deste programa, en marzo de 2006, máis de 300 persoas atoparan un posto de traballo. Por outra banda, os participantes, ademais de formación, recibiron apoio para as súas iniciativas empresariais das que se materializaron 16 proxectos en outras tantas empresas de servizos de proximidade.

Os beneficiarios participaron en 49 cursos de formación ocupacional, con alternancia de formación teórica e práctica en empresas. Pero, Lugo, Abrindo Camiños foi moito máis que un compendio de cursos, pois tamén foi un programa de acompañamento e asesoramento integral aos alumnos, que contaron cun seguemento dende o acceso ao programa e ata que atopa un traballo.

A súa principal misión era a de remover os obstáculos que puideran dificultar a plena integración social e laboral das persoas.

Noticias relacionadas