O Concello de Lugo publica as listas de admitidos no proceso de selección de Lugo, Emprego Activo

Mércores, 03 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo publica as listas de admitidos e excluídos para realizar as entrevistas de selección do proxecto Lugo, Emprego Activo.

Os interesados poden consultar as listas no Taboleiro de anuncios do Concello, nas oficinas do Espazo>lab, nas webs www.lugo.es e www.lugo.es/espazolab  ou chamando por teléfono ao número 982 297 361.

Trátase da segunda fase do programa Lugo, Emprego Activo, unha iniciativa que comezou o seu percorrido o ano pasado e que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros, dos que o 80% procede do Fondo Social Europeo, de achegas da UE.

Lugo Emprego Activo é un programa cuxo obxectivo fundamental reside na inserción laboral daquelas persoas que se atopan en condicións de especial dificultade para acceder a un emprego. Diríxese a aqueles colectivos que contan con maiores dificultades como poden ser as minorías étnicas ou as persoas con discapacidade, entre outras.

Nesta nova fase participarán 150 alumnos e alumnas que recibirán formación teórica e práctica en empresas. A oferta formativa presenta 10 cursos destinados a 15 alumnos por curso.

A oferta formativa é a seguinte:

Coidador de persoas discapacitadas físicas e psíquicas
Atención especializada para persoas enfermas de alzheimer
Axentes de desenvolvemento da comunidade discapacitada
Técnico en transporte sanitario
Monitor de educación ambiental
Técnico de sistemas de enerxías renovables
Mantemento de aire acondicionado e fluídos
Operador de estacións depuradores de augas residuais
Operario de redes e centros de distribución de enerxía eléctrica
Técnico en recuperación de espazos degradados

Noticias relacionadas