O Concello de Lugo prorroga o contrato de mantemento, mellora e conservación de zonas verdes públicas

Mércores, 24 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta do Goberno do Concello de Lugo prorroga o contrato asinado con Calfensa proyectos S.L., adxudicataria do servizo de mantemento, mellora e conservación das zonas verdes públicas polo prazo dun ano segundo informou o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade.

O orzamento para a conservación das zonas verdes e arborados é de 663.334 euros anuais, mentras que o orzamento en concepto de traballos a realizar mediante valoración de obra e reposición de prantas é de 205.428 euros ao ano.

Por outra banda, na Xunta de Goberno deuse conta do decreto do libro de resolucións en materia de contratación e patrimonio polo que se aprobou o cambio de denominación de centros adscritos á área de Benestar Social e Igualdade. Deste modo, modifícase a denominación dos centros chamados Centros Sociais pola de centros de Convivencia. Ademais, aprobouse a denominación como centro de Convivencia-Casa das linguas María Balteira ao centro sito na rúa Ángelo Colocci, nº19; e se concedeu aos centros municipais, antigas escolas, sitas na zona rural a seguinte denominación: Centro de dinamización Sociocultural.

A Xunta de Goberno aprobou, ademais, oito licenzas de obra, denegou dúas e aprobou outras dúas licenzas de primeira utilización.

Multimedia

Noticias relacionadas