
Seguridade viaria
Tras unha primeira proba cun resultado de 1.12 mg/L, será investigada por dous presuntos delitos contra a seguridade viaria, un por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e outro por negarse á segunda proba regulamentaria (ademais do presunto delito de atentado) Ademias a Policía Local de Lugo detectou a outros catro condutores que conducían tras inxerir alcol:
Positivo de 0.73 e 0.76 mg/L na rúa Novo Freire, tras dar o alto os axentes ao observar que presentaba unha das luces fundida e observar que o condutor presentaba signos externos evidentes de atoparse baixo a influencia do alcol, polo que se lle investiga por un presunto delito contra a seguridade viaria.
Positivos de 0.52/0.52; 0.58/0.51, 0.47/0.50, 0.37/0.35 na Praza de Matías Bernal, rúa Sierra de Ancares, Avd. dos Deportes e cale Doutor Ochoa, respectivamente; todos eles denunciados administrativamente. Estas probas de alcoholemia foron practicadas ao observar os axentes infraccións de tráfico previas tales como a utilización do teléfono móbil durante a condución.
Localización de menor cuxa desaparición fora denunciada
Un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio, cando realizaba patrulla preventiva pola rúa Montevideo, procedeu á localización dunha nova, de 17 anos de idade, cuxa desaparición fora denunciada con anterioridade, motivo polo cal foi trasladada a dependencias policiais, ao que accedeu de forma voluntaria.
Auxilio a cidadáns
Durante a tarde do sábado, un indicativo de Policía de Barrio trasladouse a unha vivenda da rúa Río Sil, onde un home caera tras tentar pasar da cadeira de rodas á cama, sen que a súa muller fose capaz de levantalo. Dada a constitución física do home, tamén se fixo necesario requirir o auxilio dunha dotación de Bombeiros para poder acomodar ao home na cama.
A mesma tarde, outro indicativo policial tivo que comparecer nun domicilio da Avd. de Adolfo Suárez, onde a titular dunha vivenda desexaba que a persoa que convivía con ela nese momento abandonase a morada. Ante a mediación dos axentes, o home entregou as chaves do domicilio voluntariamente e ausentouse do mesmo.
Durante a noite do venres a sábado, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno prestou asistencia a unha muller que, presuntamente atopábase baixo os efectos do alcol e que finalmente tivo que ser trasladada por unha ambulancia a un centro sanitario.
Durante a mesma noite, os axentes tamén auxilian a un home que se achaba preto da entrada dun establecemento de lecer nocturno, presuntamente baixo a influencia do alcol e presentaba unha ferida nunha cella e no nariz. Despois de prestar unha primeira asistencia, o home foi evacuado por unha ambulancia.
Durante a tarde do luns, un indicativo de Policía de Barrio presta asistencia a un home que se atopaba no interior dunha cafetería da Avd. da Coruña, presuntamente baixo a influencia do alcol, o cal se caeu ao chan varias veces. Finalmente foi trasladado por unha ambulancia a un centro sanitario para a súa valoración.
Na tarde do martes, os axentes de Policía de Barrio tamén auxiliaron a unha muller que se quedou encerrada nas galerías comerciais da Praza de Santo Domingo. Os axentes contactaron cunha veciña que lles facilitou a apertura do enreixado para que a muller puidese saír.
Ás 3’30 horas do martes, cando un indicativo do Grupo Operativo Nocturno realizaba patrulla preventiva pola Praza de Pio XII, é requirida para auxiliar a unha moza que se atopaba baixo os efectos do alcol. Os axentes colaboran cos amigos da nova, que xa a estaban asistindo, ata a chegada da ambulancia solicitada, que procede ao seu traslado a un centro sanitario.
Venda ambulante non autorizada
O dispositivo policial comisionado no Parque da Milagrosa para a vixilancia e control do mercadillo procedeu á identificación de tres persoas que ocupaban a vía pública coa exposición de diversos artigos para a súa venda, sen a correspondente autorización municipal, motivo polo cal os axentes confeccionaron actas por presunta infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, procedendo a despexar os espazos ocupados de forma irregular.
Queixas por ruídos
Ás 0’00 horas do martes, os axentes do Grupo Operativo Nocturno trasladáronse a un edificio da rúa Aquilino Iglesias, onde un veciño que queixaba das molestias procedentes doutro piso, debido ao volume da música procedente do mesmo. Os axentes contactaron cos moradores da vivenda de procedencia das molestias, manifestando que estaban a celebrar unha festa, sen ser conscientes das molestias que causaban, cesando de inmediato.
Ás 23’40 horas os axentes xa se trasladaron a un domicilio da rúa Quiroga, nesta ocasión por molestias por arrastre de mobles, berros e volume do televisor, ante o cal os policías advertiron ao morador presuntamente causante.
Ás 00’35 horas do mércores, axentes do Grupo Operativo Nocturno trasládanse a un domicilio de Curros Enríquez, a requirimento dun veciño polas molestias causadas desde outro piso por volume da música. Os moradores da outra vivenda manifesta estar de festa, sen que se mostre colaborador coa actuación policial, polo que é advertido das posibles consecuencias.
Ás 1’50 horas recíbese novo requirimento, comprobando os axentes que a situación continúa igual que cando se ausentaron, polo que confeccionan acta denuncia por unha presunta infracción á Lei de Protección de Seguridade Cidadá, por desobedecer as ordes dos axentes.

