O Concello de Lugo presenta o programa deportivo das Festas de San Froilán 2009

Xoves, 24 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O programa de San Froilán complétase cun longo calendario de actividades deportivas deseñado pola Concellería de Deportes e que foi presentado esta mañá por José Manuel Díaz Grandío.

O Concelleiro indicou que “xa desde o 26 de setembro, coa X Marcha Cicloturista BTT San Froilán, a cidade comezará a vivir a festa do deporte”. Este ano a proba será de dous días para celebrar a décima edición, a fin de semana do 26-27 setembro. A saída terá lugar as 9:00 horas na Casa do Deporte. Na primeira etapa percorreranse 70 quilómetros pola Vía Romana XIX que unía Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) pasando por Lucus Augusti (Lugo), finalizando no Cádavo. O domingo, sairán do Cádavo en dirección Lugo seguindo o itinerario do Camiño Primitivo, completando 43 quilómetros.

Un total de 24 citas recollen o abano deportivo da cidade ata o 12 de outubro que rematará coa V Gala Premios El Progreso ao Deporte Lucense no Auditorio Municipal.

Calendario deportivo do San Froilán:

Sábado 26 de setembro:
9.00.- Saída da IX Marcha Cicloturista BTT San Froilán. Casa do Deporte.

Mércores 30 de setembro:
20.00.- II Torneo San Froilán de Balonmán. Casa do Deporte

Sábado 3 de outubro:
10.00.- I Torneo San Froilán de Squash (VI Open Nacional) Pazo Universitario
10.00.- XII Torneo San Froilán de Golf. Club de Golf
16.00.- I Torneo San Froilán de Béisbol. Campo Municipal de Béisbol
16.00.- X Gran Premio Ciclista San Froilán. Avenida de Ramón Ferreiro
16.30.- III Torneo San Froilán de Tiro con Arco. Polideportivo Municipal da Piringalla
17.00.- XI Torneo San Froilán de Rugby. Estadio Municipal Gregorio Pérez Rivera
18.00.- XXXV Torneo de Judo San Froilán. Casa do Deporte

Domingo 4 de outubro:
10.00.- XVI Tirada San Froilán Pistola 9 mm. Galería de Tiro de Rozas.
10.30.- II Open San Froilán de Scalextric. Capicúa- Montero Ríos 5.
16.00.- VIII Open San Froilán de Pádel. Hotel Santiago.

Sábado 10 de outubro
10.00.- Trofeo San Froilán de Radio Control. Pista de Radio Control de Frigsa
11.00.- Campionato Galego de Maquetas de Aeromodelismo. Campo de voo das Gándaras
16.00.- I Torneo San Froilán de Béisbol Veteranos. Campo Municipal de Béisbol do Ceao.
20.00.- Campionato Galego Billar a tres bandas. Círculo das Artes

Domingo 11 de outubro
11.00.- Festival de Aeromodelismo San Froilán. Campo de voo das Gándaras
12.00.- V Memorial de Fútbol “Ricardo Gómez”. Campo de Fútbol Municipa da Cheda
12.00.- XII Torneo Hockei Liña Cidade de Lugo. Polideportivo Municipal da Piringalla.
17.00.- VII Open San Froilán de Tenis. Club Fuvial

Luns 12 de outubro
10.00.- IX Concurso de Pesca de Ciprínidos. Río Miño-Tramo libre
10.00.- III Trofeo de Bowling Cidade de Lugo-As Termas. Bolera C.C. As Termas
11.00.- XXXII Memorial de Atletismo Gregorio Pérez Rivera. Estadio Municipal Gregorio Pérez Rivera
12.00.- VIII Open San Froilán Billar Pool Bola 8. Locais Clubes.
20.30.- V Gala Premios El Progreso ao Deporte Lucense. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Díaz Grandío manifestou o seu desexo de que este ano o San Froilán deportivo sexa mellor que en edicións anteriores, e se supere a participación de máis de 2.000 deportistas doutros anos. Ademais animou a participar nas competicións e das festas, xa que, “son xornadas para disfrutar da nosa cidade e da nosa gastronomía”.

Multimedia

Noticias relacionadas